Encontro Artes pola Integración

Llamar Página web

Encontro Artes pola Integración A cultura en xeral e cada unha das súas diferentes prácticas artísticas é un ámbito privilexiado para favorecer o progreso social.

Concibida como unha iniciativa transformadora, o proxecto Artes pola Integración, é un exercicio de responsabilidade para por en mans dos distintos grupos sociais, as plataformas, iniciativas e ferramentas necesarias coas que comunicarse. Dende esta perspectiva, a arte pode ser entendida como factor vital na construción e fortalecemento da comunidade e da identidade individual e persoal. É un artigo de primeira necesidade para toda a cidadanía e unha ferramenta para que as persoas máis desfavorecidas atopen formas de representación e visibilidade da súa realidade. É por isto que hoxe, momento marcado especialmente pola crise e a desigualdade, é unha necesidade realizar proxectos culturais para a diversidade. Asemade pretende ser unha plataforma para que as institucións e organizacións vinculadas aos territorios de exclusión, deixen de ser espazos endogámicos e se abran a proxectos menos reclusivos; unha cita multifacética e integral dende a que entablar diálogos e complicidades, onde convivan persoas diversas traballando en comunidade, onde os centros e asociacións proxecten iniciativas artísticas máis profundas e potencien os talentos das persoas que os habitan. A inclusión social vincúlase ao desenvolvemento das capacidades individuais, sen ter en conta a súa etiqueta física ou psicolóxica, para facilitarlles o acceso a oportunidades ao longo da súa vida e, por ende, ao benestar social e cultural, ás redes relacionais, á presencia no espazo público, á convivencia e traballo con outros colectivos de artistas e á autorrepresentación da súa realidade, afirmando a identidade individual e grupal e mellorando a súa capacidade de estar no mundo, para exercer como suxeito o exercicio da súa liberdade. Coas súas implicacións pedagóxicas, sociais, culturais, políticas e terapeúticas, deséñase este proxecto parafraseando as palabras de Augusto Boal:

“Tranformar os grupos excluídos, xeralmente concibidos como pasivos, en protagonistas da acción dramática, como suxeitos creadores, estimulándoos para reflexionar sobre o seu pasado, modificar a súa realidade presente e crear o seu futuro”

ou como dice o maestro Jodorovsky:

“A arte que non cura, non é Arte”

Contamos con especialistas que, co seu traballo, favorecen unha perspectiva inclusiva na realidade dos grupos en risco de exclusión. Redes creativas, voluntariado artístico e proxectos integradores cos que abrir os espazos de exclusión e reclusión a novos universos convivenciais, onde enriquecernos todos e todas, profesional e humanamente. Por que unha persoa con xordeira, con síndrome de Down ou parálise cerebral non pode ser un ou unha profesional das Artes e formar a outros colectivos? Un traballo de paciencia e constancia, sobre todo no eido da formación, para construir deste xeito unha sociedade menos encasillada e parcelada. Proxectos abertos á diferenza. Investigacións neuroeducativas e fomento das Artes como ferramentas de cura e comunicación en colectivos diversos. Este ano tratamos a temática diversidade e creación, a través de residencias artísticas previas que aúnan a colectivos e artistas con e sen discapacidade, en teatros da Cidade, espazos públicos, espazos abandonados e mostras na rúa.

... O obradoiro celebrase unha semana  antes desta mostra. Pronto tendremos as datas e lugar exacto , para que os animed...
28/09/2026

... O obradoiro celebrase unha semana antes desta mostra. Pronto tendremos as datas e lugar exacto , para que os animedes a participar do encontro con esta grande artista.

.... Mañana en el Ágora, en Coruña, dos creaciones diferentes:-De Corpo e Palabra de Diversos, acompañados por  Su Garri...
19/09/2026

.... Mañana en el Ágora, en Coruña, dos creaciones diferentes:
-De Corpo e Palabra de Diversos, acompañados por Su Garrido@sugarridopombo y Andrea Nunes.
-Resistencias y resiliencia.

Diversos - Asociación Cultural
Su Garrido Pombo
Artes Pola Integración

18/09/2026
.... La Asamblea tiene que cambiar de fechas por temas de agenda, ajenos a la organización.
18/09/2026

.... La Asamblea tiene que cambiar de fechas por temas de agenda, ajenos a la organización.

... Lamentablemente cancelado lo de hoy en Coruña por problemas técnicos....😔
18/09/2026

... Lamentablemente cancelado lo de hoy en Coruña por problemas técnicos....😔

... Impresionante dúo, acompañado en la música por el genial Niko Hafkenscheld.Viernes 18 , a las 21:00 en Laboratorio E...
17/09/2026

... Impresionante dúo, acompañado en la música por el genial Niko Hafkenscheld.

Viernes 18 , a las 21:00 en Laboratorio Escénico Coop , en C/Santa Luisa de Marillac 12. A Coruña.

... O sábado sesión doble no Centro Xove de Santiago.  𝘾𝙀𝙉𝙏𝙍𝙊 𝙓𝙊𝙑𝙀 Julio Cesar Iglesias Ungo
16/09/2026

... O sábado sesión doble no Centro Xove de Santiago.



𝘾𝙀𝙉𝙏𝙍𝙊 𝙓𝙊𝙑𝙀
Julio Cesar Iglesias Ungo

... Vémonos de novo o sábado no 𝘾𝙀𝙉𝙏𝙍𝙊 𝙓𝙊𝙑𝙀 😊🎭🎨🎶
16/09/2026

... Vémonos de novo o sábado no 𝘾𝙀𝙉𝙏𝙍𝙊 𝙓𝙊𝙑𝙀 😊🎭🎨🎶

...Onte estreouse a peza "Arte a escena" no Teatro Principal de Santiago. Foi un éxito!🎉. A sorte é que se repetirá o sá...
16/09/2026

...Onte estreouse a peza "Arte a escena" no Teatro Principal de Santiago. Foi un éxito!🎉.
A sorte é que se repetirá o sábado no Centro Xove 𝘾𝙀𝙉𝙏𝙍𝙊 𝙓𝙊𝙑𝙀 de Santiago

... Dúo de danza contemporánea formado por Carlota Pérez  y Julio César Iglesias Julio Cesar Iglesias Ungo Otra de las m...
11/09/2026

... Dúo de danza contemporánea formado por Carlota Pérez y Julio César Iglesias Julio Cesar Iglesias Ungo

Otra de las magificas obras presentadas en este festival

Dirección

LUGAR DE PINCELO Nº 4
Chantada
27500

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Encontro Artes pola Integración publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir