15/07/2025
Seguimos! Hoxe comezan as sesións online do programa “Tes un proxecto? Faino en Santiago”
Despois de tres días intensos de aprendizaxe presencial, conexión e ideas compartidas, arranca a seguinte fase do programa: cinco sesións formativas online para seguir dando forma aos proxectos participantes.
💰 A de hoxe está dedicada ás finanzas. E non, non imos falar de números en abstracto. Imos falar de realidade:
👉 canto custa realmente o que facemos,
👉 se cubrimos gastos co que ingresamos,
👉 se podemos contratar a alguén este verán,
👉 ou se temos marxe para darnos un descanso.
Porque emprender con propósito tamén é garantir a sostibilidade económica do noso proxecto e da nosa vida. Sen iso, o resto tambalea.
Na sesión de hoxe traballaremos coa nosa ferramenta de planificación financeira: deseñada para pequenas empresas, con cálculos automáticos, visualizacións intuitivas e, sobre todo, preguntas que nos axudan a tomar decisións con sentido.
🧮 Aquí non se trata de facer un máster en contabilidade. Trátase de entender o noso proxecto por dentro, para poder coidalo e facelo medrar co pé no chan.
Seguimos camiñando xuntas!
Tes un proxecto? Faino en Santiago é un programa organizado por
e coordinado por