04/02/2026
Xa nos levades preguntado por algún detalle especial para San Valentín, así que este ano decidimos darlle unha volta aos nosos packs para a baixada de Cupido á terra 💘🍯.
Ademais do mel, as veliñas e a cosmética de sempre, podes incluir nestes agasallos unha rosa de crochet feita á man, unha por unha, para que non murche aos tres días e perdure no tempo, coma o mel ou coma o teu amor (de nada pola idea para gañar puntos 😉😘).
Ah, e tamén che damos a posibilidade de elixir: caixiña de madeira ou caixiña de cartón cun bonito lazo vermello 🎁.
Xa o sabedes, pero por se acaso, lembrámosvos o que poden incluir os nosos packs agasallo:
🎁 Caixiña de madeira ou cartón, neste caso.
🍯 O noso mel de castiñeiro
💄Cosmética natural (xabóns e bálsamos labiais feitos co que nos dan as abellas.
🕯️Velas de cera de abella e mel naturais e feitas á man.
🌹E a rosa de crochet feita á man, para darlle ese puntiño distinto.
Ao final, é o de sempre: produto local, feito á man e sen complicacións. Un agasallo útil, bonito e rico, e que apoia o que facemos aquí, na Galicia profunda. 🌿.
Como as rosas son feitas á man, as unidades son as que son , así que fai a túa encarga!
👉 Tés a ligazón na bio para ver as opcións dispoñibles e podes contactarnos para calquera cousiña por aquí ou no 600281220!