09/10/2026
💚 DÍA MUNDIAL DA SAÚDE MENTAL 2026
Desde a Asociación Paseniño queremos sumarnos á conmemoración do Día Mundial da Saúde Mental, apoiando as iniciativas impulsadas por APEM Cee na nosa localidade.
Este venres, 9 de outubro, a Praza da Muller de Cee acollerá diferentes actividades para fomentar a reflexión, a expresión das emocións e a sensibilización sobre a saúde mental.
🪑 “As cadeiras das emocións”, unha proposta para dar espazo ás nosas emocións, compartilas e comprendelas.
💚 Ás 12:00 h terá lugar o acto conmemorativo coa lectura do manifesto.
Desde Paseniño cremos que coidar a saúde mental é fundamental e que debemos seguir construíndo unha sociedade na que todas as persoas teñan o seu espazo, se sintan escoitadas, comprendidas e respectadas.
Porque a inclusión tamén significa coidar as emocións, eliminar prexuízos e acompañarnos mutuamente.
Máis conciencia, máis empatía e máis inclusión.
Grazas a APEM Cee por impulsar iniciativas tan necesarias! 💚