15/09/2020
COMUNICADO
As circunstancias actuais nas que nos atopamos, tan inusuais e
incertas para todas as persoas, comportan verdadeiras dificultades
para desenvolver a actividade como viña sendo habitual.
Sendo conscientes de que pese a cumprir coas medidas de
prevención contra o Covid-19, na modalidade presencial continúan
existindo riscos que, como é lóxico, espertan preocupación e
inseguridade nos participantes e nas súas familias, requírese
adaptarse ás exixencias do contexto para garantir a máxima
seguridade e as mellores condicións posibles sen descoidar a
implicación co labor educativo.
Eidos Lugo Formación, informa da súa decisión de reinventarse,
continuando coas actividades de reforzo e acompañamento
educativo por vía telemática.
Máis alá de minimizar os riscos, esta decisión está fundamentada
no potencial das TIC e das múltiples plataformas, ferramentas e
recusos tecnolóxicos que ademais de facilitar e mellorar a
accesibilidade ós contidos, permiten enriquecer as propias
experiencias de aprendizaxe, á vez que pode supoñer unha
oportunidade para o desenvolvemento das competencias
informáticas e dixitais, sen importar o nivel de partida con respecto
ás mesmas.
No que respecta ós servizos ofertados, continúan sendo os mesmos que ata o momento:
- Apoio escolar (Primaria + 1º e 2º ESO)
- Título ESO libre
- Preparación de probas oficiais para a obtención de nacionalidade
- Preparación de probas oficiais para a obtención do CELGA 4
Se estades interesados, podedes solicitar praza para calquera dos
servizos chamando ó teléfono 617 717 497 ou enviando un e-mail a [email protected]
Por último, Eidos Lugo Formación manda moitos ánimos a todas as
persoas ante esta situación de dificultade, esperando que se poida
superar o antes posible coa colaboración conxunta de todas e
todos.
Un cordial saúdo.