Concello Mesía

Llamar Cómo llegar Página web

Concello Mesía Páxina oficial do Concello de Mesía (A Coruña)

HÓCKEY PATINSInformamos de que o vindeiro luns teremos a presentación da actividade de hóckey 2026/27, se vos interesa p...
22/10/2026

HÓCKEY PATINS
Informamos de que o vindeiro luns teremos a presentación da actividade de hóckey 2026/27, se vos interesa probar precisamos xente para facer grupo.
Para participar tedes que anotarvos, tedes toda a información no cartel.👇

III CAMPIONATO DE XADREZ "TORRE FORTALEZA DE MESÍA"🏆🥇Onte, foi día de xadrez no Concello de Mesía. Celebrouse  o  𝐈𝐈𝐈 𝐂𝐚...
19/10/2026

III CAMPIONATO DE XADREZ "TORRE FORTALEZA DE MESÍA"🏆🥇
Onte, foi día de xadrez no Concello de Mesía. Celebrouse o 𝐈𝐈𝐈 𝐂𝐚𝐦𝐩𝐢𝐨𝐧𝐚𝐭𝐨 𝐝𝐞 𝐗𝐚𝐝𝐫𝐞𝐳 𝐓𝐨𝐫𝐫𝐞 𝐅𝐨𝐫𝐭𝐚𝐥𝐞𝐳𝐚 𝐝𝐞 𝐌𝐞𝐬𝐢́𝐚 organizado polo "Club Escola Xadrez Culleredo" en colaboración co Concello de Mesía.
Dende o Concello queremos dar as grazas :
🤝 O Club Xadrez de Culleredo pola organización en especial de José Antonio e Jose, presidente e secretario por todo o traballo que fan.
🤝O noso agradecemento as empresas que colaboraron demostrando unha vez máis a súa implicación co deporte e coa xente do noso concello: Grupo Ramón García Casa Grande de Xanceda.
🫶 Grazas a CASA MANTEIGA por acoller este torneo e sobre todo polo trato para con todos/as os/as que alí se achegaron.
🤝 Non pode ser posible torneo sen persoas que xoguen. 𝐀 𝐭𝐨𝐝𝐚𝐬 𝐚𝐬 𝐩𝐞𝐫𝐬𝐨𝐚𝐬 𝐪𝐮𝐞 𝐩𝐚𝐫𝐭𝐢𝐜𝐢𝐩𝐚𝐬𝐭𝐞𝐬, 𝐦𝐢𝐥 𝐠𝐫𝐚𝐳𝐚𝐬 𝐩𝐨𝐫 𝐯𝐢𝐫 ❗️
🏆🥇♟Noraboa gañadores/as.👏👏👏

MESÍA SOBE A AO AUTOBÚS DE TEATRO PARA ACUDIR O VENRES 16 DE OUTUBRO AO SALÓN TEATRO.O programa 𝑺𝒐𝒃𝒆𝒔 𝒂𝒐 𝒂𝒖𝒕𝒐𝒃𝒖́𝒔 𝒅𝒐 𝒕𝒆𝒂...
19/10/2026

MESÍA SOBE A AO AUTOBÚS DE TEATRO PARA ACUDIR O VENRES 16 DE OUTUBRO AO SALÓN TEATRO.
O programa 𝑺𝒐𝒃𝒆𝒔 𝒂𝒐 𝒂𝒖𝒕𝒐𝒃𝒖́𝒔 𝒅𝒐 𝒕𝒆𝒂𝒕𝒓𝒐❓ do CDG ( centro Dramático Galego) levounos unha vez máis ao teatro onde vimos a obra" LESS DRAG QUEENS AND MORE CHUNORRIS".

𝑹𝑬𝑴𝑨𝑻𝑨 𝑶 𝑪𝑼𝑹𝑺𝑶 𝑫𝑬 𝑯𝑶𝑹𝑻𝑨 𝑬𝑪𝑶𝑳𝑶́𝑿𝑰𝑪𝑨 𝑫𝑬 𝑭𝑹𝑨𝑫𝑬𝑺 𝑬 𝑴𝑬𝑺𝑰́𝑨O pasado sábado concluíu con éxito o curso de formación básica para...
19/10/2026

𝑹𝑬𝑴𝑨𝑻𝑨 𝑶 𝑪𝑼𝑹𝑺𝑶 𝑫𝑬 𝑯𝑶𝑹𝑻𝑨 𝑬𝑪𝑶𝑳𝑶́𝑿𝑰𝑪𝑨 𝑫𝑬 𝑭𝑹𝑨𝑫𝑬𝑺 𝑬 𝑴𝑬𝑺𝑰́𝑨
O pasado sábado concluíu con éxito o curso de formación básica para plantar de forma ecolóxica, unha iniciativa que se desenvolveu ao longo de cinco xornadas e que dotou aos participantes dos coñecementos esenciais para poñer en marcha cultivos respectuosos co medio ambiente.
O programa formativo, que combinou contidos teóricos e prácticos, arrancou o pasado 19 de setembro en Frades coas primeiras sesións teóricas. A actividade trasladouse ao Arboretum de Cumbraos, en Mesía, onde as persoas participantes puideron levar á práctica todo o aprendido sobre o terreo nas xornadas finais.
⚠️ Ofertaranse dúas novas formacións para ampliar coñecementos: sulfatos ecolóxicos e plantas aromáticas. Xa podedes inscribirvos como interesados nos Concello Mesía e Concello de Frades.

𝐃𝐎𝐀 𝐒𝐀𝐍𝐆𝐔𝐄 🩸🩸🚌 Unidade móbil diante do Bar Quique Mesía o 20 de outubro dende ás 16:00 ata ás 21:00 horas☎️ Teléfono de ...
15/10/2026

𝐃𝐎𝐀 𝐒𝐀𝐍𝐆𝐔𝐄 🩸🩸
🚌 Unidade móbil diante do Bar Quique Mesía o 20 de outubro dende ás 16:00 ata ás 21:00 horas

☎️ Teléfono de información gratuíto para consultar as dúbidas sobre a doazón de sangue e tamén sobre a localización das unidades móbiles. (900100828)

📸 CALENDARIO MUNICIPAL 2027: MESÍA A TRAVÉS DOS OLLOS DE NEIRA VILASO Concello de Mesía e o CPI de Xanceda únense nunha ...
13/10/2026

📸 CALENDARIO MUNICIPAL 2027: MESÍA A TRAVÉS DOS OLLOS DE NEIRA VILAS

O Concello de Mesía e o CPI de Xanceda únense nunha proposta moi especial para homenaxear a Neira Vilas e achegar a súa obra ás novas xeracións. 💚📚

As fotografías inspiradas en libros como Memorias dun neno labrego ou Cartas a Lelo darán vida ao Calendario Municipal de Mesía de 2027.

✍️ Quen pode participar? O alumnado dos centros educativos do concello, desde 1º de Educación Primaria ata a ESO.

📷 Anímate a crear a túa propia fotografía inspirada nun texto de Neira Vilas! Escolle unha temática, recrea unha escena e envía a imaxe xunto co texto por separado.

📅 Data límite: 31 de outubro.
🏆 As fotos gañadoras formarán parte do calendario e os/as autores/as contarán cun agasallo.
📩 Envío dos traballos: [email protected]

QUEDAN ALGUNHAS PRAZAS LIBRES❗️❗️
13/10/2026

QUEDAN ALGUNHAS PRAZAS LIBRES❗️❗️

𝐓𝐄𝐀𝐓𝐑𝐎 "𝐃𝐎𝐔𝐒 𝐍𝐎 𝐂𝐀𝐌𝐈𝐍̃𝐎"Nunca o Camiño de Santiago foi tan divertido!. Esperámosvos o 23 de outubro na Casa da Cultura d...
13/10/2026

𝐓𝐄𝐀𝐓𝐑𝐎 "𝐃𝐎𝐔𝐒 𝐍𝐎 𝐂𝐀𝐌𝐈𝐍̃𝐎"
Nunca o Camiño de Santiago foi tan divertido!. Esperámosvos o 23 de outubro na Casa da Cultura de Xanceda ás 21:30.
Prazas limitadas, lembrade inscribirvos por Whatsapp 699453750.

FESTAS!!🎊
13/10/2026

FESTAS!!🎊

🥾 Imaxes da Ruta de 10 kms realizada o domingo 20 de setembro polo Grupo de sendeirismo municipal. Acudimos 36 persoas a...
06/10/2026

🥾 Imaxes da Ruta de 10 kms realizada o domingo 20 de setembro polo Grupo de sendeirismo municipal.
Acudimos 36 persoas a desfrutar da Costa da Morte con esta nova etapa da RUTA DOS FAROS.
🧭 𝐗𝐚 𝐭𝐞𝐦𝐨𝐬 𝐩𝐫𝐞𝐩𝐚𝐫𝐚𝐝𝐚 𝐚 𝐩𝐫𝐨́𝐱𝐢𝐦𝐚 𝐬𝐚𝐢́𝐝𝐚 𝐬𝐞𝐠𝐮𝐢𝐧𝐝𝐨 𝐞𝐬𝐭𝐚 𝐑𝐮𝐭𝐚 𝐝𝐨𝐬 𝐟𝐚𝐫𝐨𝐬: 𝐨 𝟏𝟖 𝐝𝐞 𝐨𝐮𝐭𝐮𝐛𝐫𝐨. 𝐈𝐧𝐟𝐨𝐫𝐦𝐚𝐜𝐢𝐨́𝐧 𝐧𝐨 𝐭𝐞𝐥𝐞́𝐟𝐨𝐧𝐨 𝟔𝟎𝟗𝟑𝟓𝟑𝟏𝟏𝟓.

Concello Mesía

Dirección

Xanceda
Mesia
15685

Horario de apertura

Lunes 07:15 - 15:00

Teléfono

+34981687001

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Concello Mesía publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Compartir