Sindicato Labrego na Mariña

Llamar Cómo llegar Página web Contactar con la empresa

Sindicato Labrego na Mariña Página do Sindicato Labrego na Mariña. Aquí compartiremos información e convocatorias de interese

28/10/2026

🌼 Curso g͟r͟a͟t͟u͟í͟t͟o en Redondela e Pazos de Borbén: 𝗢𝗯𝗿𝗮𝗱𝗼𝗶𝗿𝗼 𝗱𝗲 𝗯𝗼𝘀𝗾𝘂𝗲𝘀 𝗲 𝘅𝗮𝗿𝗱í𝗻𝘀 𝗱𝗲 𝗮𝗹𝗶𝗺𝗲𝗻𝘁𝗼𝘀 🌳

😍 Deseño, plantación e mantemento de sistemas agroforestais!

🗓 Os días 4, 5, 10 e 12 de novembro organizamos esta formación impartida por Jacobo Ojea.
📍 De 16:30h a 21h.

𝗢𝗻𝗱𝗲?

Parte p͟r͟ác͟t͟i͟c͟a: Horta do Cadaval (Reboreda - Redondela).
Parte t͟e͟ó͟r͟i͟c͟a: Local veciñal da Comunidade de Montes de Amoedo (Pazos de Borbén).

✍️ 𝗜𝗡𝗦𝗖𝗥Í𝗕𝗘𝗧𝗘:
[email protected]
669 80 84 18

📌 Actividade financiada polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación (MAPA).

28/10/2026

🚜 O Sindicato Labrego Galego chama a todo o sector agrario e ao rural galego a sumarse á Folga Xeral do 11 de novembro, convocada baixo o lema «Galiza en loita por unha vida digna».

📈 Os custos de produción non deixan de subir, os prezos seguen sen ser xustos e o gasóleo duplicouse desde febreiro. O SLG esixe un plan de choque inmediato, o cumprimento da Lei da Cadea Alimentaria e unha PAC con orzamento sólido.

🏠 Tamén apoiamos as mobilizacións polo dereito á vivenda e reclamamos un banco de vivenda público no rural e a devolución dos servizos públicos.

✊ Estaremos con bloque propio nas mobilizacións de A Coruña, Santiago, Ourense, Lugo, Vigo e A Estrada.

🔗 Le a noticia completa: https://sindicatolabrego.gal/novas/o-slg-chama-a-folga-xeral-do-11-de-novembro-e-esixe-un-plan-de-choque-para-o-rural-ante-o-aumento-dos-custos-de-producion/

🚜 UNHA PAC SEN GARANTÍAS E UNHAS AXUDAS QUE DEIXAN FÓRA A MAIORÍA DAS LABREGASDende o Sindicato Labrego Galego denunciam...
28/10/2026

🚜 UNHA PAC SEN GARANTÍAS E UNHAS AXUDAS QUE DEIXAN FÓRA A MAIORÍA DAS LABREGAS
Dende o Sindicato Labrego Galego denunciamos que a nova proposta da PAC debilita o apoio á agricultura familiar e deixa nas mans dos estados decisións fundamentais para o futuro do noso sector.
En Galiza, as axudas anunciadas pola Xunta tampouco responden á realidade labrega: só unhas 4.500 persoas recibirían estas axudas fronte a arredor de 14.000 solicitantes, segundo as estimacións do SLG.
Ademais, exclúense os pastos, que representan máis do 75 % da superficie declarada na PAC, deixando fóra numerosas granxas extensivas, ecolóxicas e de montaña.
📢 Precisamos unha PAC que apoie as pequenas granxas, garanta a viabilidade da agricultura familiar e defenda a soberanía alimentaria.
Consulta a nova completa: https://sindicatolabrego.gal/.../o-slg-alerta-de-que-a.../

🚜 UNHA PAC SEN GARANTÍAS E UNHAS AXUDAS QUE DEIXAN FÓRA A MAIORÍA DAS LABREGAS

Dende o Sindicato Labrego Galego denunciamos que a nova proposta da PAC debilita o apoio á agricultura familiar e deixa nas mans dos estados decisións fundamentais para o futuro do noso sector.

En Galiza, as axudas anunciadas pola Xunta tampouco responden á realidade labrega: só unhas 4.500 persoas recibirían estas axudas fronte a arredor de 14.000 solicitantes, segundo as estimacións do SLG.

Ademais, exclúense os pastos, que representan máis do 75 % da superficie declarada na PAC, deixando fóra numerosas granxas extensivas, ecolóxicas e de montaña.

📢 Precisamos unha PAC que apoie as pequenas granxas, garanta a viabilidade da agricultura familiar e defenda a soberanía alimentaria.

Consulta a nova completa: https://sindicatolabrego.gal/novas/o-slg-alerta-de-que-a-nova-pac-renacionaliza-as-axudas-e-denuncia-que-as-axudas-da-xunta-deixan-fora-a-maioria-das-labregas/

15/10/2026
14/10/2026
Este sábado tivemos un luxazo de xornada cos compañeiros da Asociación Galega das Castañas e dos Soutos.Aprendemos das e...
02/03/2026

Este sábado tivemos un luxazo de xornada cos compañeiros da Asociación Galega das Castañas e dos Soutos.

Aprendemos das especies e da historia, e tamén das variedades e híbridos e dos problemas máis habituais deste cultivo. E sobre todo, da importancia de informarnos e planificar ben as nosas plantacións, xa que que acadan o seu potencial a 20 anos vista.

Quedamos con gaña de máis, axiña pedirémoslles unha segunda visita á nosa comarca!

Hoxe pasamos unha mañá de dez en Lourenzá falando do que máis nos gusta: o castiñeiro de froito 🌰🌳.

Queremos darlles as grazas de corazón aos amigos do Sindicato Labrego Galego por convidarnos e, sobre todo, a toda a xente que se achegou ata o salón de actos do Concello 🙌.

Daba gusto ver tanto interese; as vosas preguntas fixéronnos pensar e nós tamén levamos unha boa aprendizaxe para a casa hoxe 💚✨

​

Dirección

Avda Calvo Sotelo 3, 1ºE
Ribadeo
27700

Horario de apertura

Lunes 09:30 - 13:30
Martes 09:30 - 13:30
Miércoles 09:30 - 13:30
Jueves 09:30 - 13:30

Teléfono

982130615

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Sindicato Labrego na Mariña publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con La Empresa

Enviar un mensaje a Sindicato Labrego na Mariña:

Atajos

Compartir

Ferreterías cercanos