Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Forestais de Galicia

Llamar Cómo llegar Página web Contactar con la empresa

Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Forestais de Galicia Información de contacto, mapa y direcciones, formulario de contacto, horario de apertura, servicios, puntuaciones, fotos, videos y anuncios de Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Forestais de Galicia, Rúa Sánchez Freire, 64/Baixo Dereita, Santiago de Compostela.

O Colexio de Enxeñeiros Técnicos Forestais de Galicia agrupa a tódolos titulados universitarios, en calquera das especialidades recoñecidas legalmente: axudantes e peritos de montes, Enxeñeiros Técnicos Forestais, titulados de Grado forestal ou calquera outra nomenclatura que puidese existir no futuro que habilite para o exercizo da Enxeñería Técnica Forestal. O Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Forestais de Galicia se constitúe no ano 1997 por segregación do Ilustre Colexio Nacional de Enxeñeiros Técnicos Forestais (Decreto 250/1997 do 25 de agosto), co fin de acadar unha organización máis operativa e próxima ós profesionais desta comunidade.

02/11/2026🌲 WEBINAR: Novas tecnoloxías e xestión forestal sostible no aproveitamento resineiro (Ferramenta RESINERXIA®)O...
02/11/2026

02/11/2026

🌲 WEBINAR: Novas tecnoloxías e xestión forestal sostible no aproveitamento resineiro (Ferramenta RESINERXIA®)
O COETFG organiza un novo webinar para dar a coñecer RESINERXIA®, unha ferramenta tecnolóxica desenvolvida no marco da Plataforma SINERXIA para mellorar a monitorización e o coñecemento da produción de resina.
A través desta ferramenta é posible analizar a produción resineira en función de diferentes variables: dasométricas, climáticas, fisiográficas e estruturais, achegando información de interese para avanzar cara a unha xestión máis eficiente e sostible deste aproveitamento forestal.
👨‍🏫 Docente: Hugo Rodríguez García, Enxeñeiro Forestal, colexiado nº 945 e CEO/Director Técnico de AMETLAM.
📅 Data: 10/12/2026
⏰ Horario: 17:30 a 19:30 h
💻 Modalidade: en liña a través de Zoom
⏳ Inscricións ata o 09/12/2026 ás 15:00 h ou fin de prazas.
👉 Máis información e inscricións:
https://forestaisgalicia.e-gestion.es/inscripcion-formacion/20260013
Dirixido a profesionais e estudantes do ámbito forestal-madeira.

Cofinanciado pola Axencia Galega da Industria Forestal www.facebook.com/xeraindustriaforestal
e .

📌 Peche do CURSO DE IMPLANTACIÓN DE QGIS NA OFICINA TÉCNICA -NIVEL MEDIOLogo de 4 xornadas intensas de formación, adquir...
31/10/2026

📌 Peche do CURSO DE IMPLANTACIÓN DE QGIS NA OFICINA TÉCNICA -NIVEL MEDIO

Logo de 4 xornadas intensas de formación, adquirindo novos coñecementos e habilidades de manexo de QGIS, abordamos o peche final agradecendo moi especialmente o traballo do noso docente, José Fernando Enjamio Gándaras, que unha vez mais realizou un traballo excepcional que deixa pegada en todos nos.

O noso agradecemento tamén ás persoas asistentes polo seu interese e participación, agardando poder coincidir en novas accións.

Dende o COETFG continuamos impulsando o sector da industria forestal-madeira a través da formación e o desenvolvemento do talento profesional, co apoio e a cofinanciación da Axencia Galega da Industria Forestal (), á que agradecemos a súa aposta e confianza polas entidades que conformamos o sector.

www.facebook.com/xeraindustriaforestal

e .

29/10/2026

Tras tomar posesión dos seus cargos con data do 28/10/2026, a Xunta de Goberno do COETFG inicia unha nova etapa ao tempo que da continuidade ao traballo realizado con anterioridade.

💪 Encabezado por Xaime Iglesias Pérez (Decano), forman parte do novo equipo: Mónica López González (Secretaria), Yolanda Arroyo Martínez (Tesoureira), Carolina García López e Beatriz Carrera Giráldez (Vogais).

🙌 Trasladámoslles o noso agradecemento polo seu compromiso e adicación e continuamos a traballar pola Enxeñaría Forestal!

⚠️TURNO DE ACTUACIÓN PROFESIONAL COETFG 2027Ata o 30/12/2026 permanece aberto o prazo de inscrición no TAP 2027, a travé...
21/10/2026

⚠️TURNO DE ACTUACIÓN PROFESIONAL COETFG 2027

Ata o 30/12/2026 permanece aberto o prazo de inscrición no TAP 2027, a través do cal se elaborarán as listaxes de profesionais para dar servizo ás distintas administracións, xulgados e persoas físicas e xurídicas que requiran o servizo de Enxeñeiros e Enxeñeiras Forestais.

Para mais info. diríxete ao

📱🌲 CURSO: Manexo de QField como ferramenta de traballo de campo · 1ª ediciónLevar QGIS ao campo permite recoller, editar...
19/10/2026

📱🌲 CURSO: Manexo de QField como ferramenta de traballo de campo · 1ª edición
Levar QGIS ao campo permite recoller, editar e xestionar información directamente sobre o terreo. Neste curso do COETFG aprenderás a utilizar QField como ferramenta de apoio ao traballo de campo, integrándoo cos teus proxectos de QGIS.
Ao longo de 32 horas presenciais traballarase todo o proceso:
🔹 Introdución e instalación de QField
🔹 Preparación e configuración do proxecto en QGIS
🔹 QField Sync e empaquetado dos proxectos
🔹 Exportación e importación de proxectos
🔹 Edición de xeometrías e atributos
🔹 Toma de datos no campo
🔹 Integración dos datos recollidos novamente en QGIS
🔹 Caso práctico completo
👨‍🏫 Docente: José Fernando Enjamio Gándaras, Enxeñeiro Técnico Forestal e colexiado nº 617 do COETFG.
📍 Formación presencial · 32 horas
⏰ De 9:30 a 14:00 h e de 15:30 a 20:00 h
📅 14, 21 e 28 de novembro e 12 de decembro de 2026
👉 Inscricións: https://forestaisgalicia.e-gestion.es/inscripcion-formacion/20260011
Dirixido a profesionais e estudantes do ámbito forestal-madeira. Requírense coñecementos básicos de QGIS.

Cofinanciado pola Axencia Galega da Industria Forestal
www.facebook.com/xeraindustriaforestal


📌 Damos continuidade ao Proxecto Formativo dirixido ao impulso e a competitividade da Industria Forestal Madeira 2026-20...
17/10/2026

📌 Damos continuidade ao Proxecto Formativo dirixido ao impulso e a competitividade da Industria Forestal Madeira 2026-2027!

Con data do 16/10/2026 Modesto Gómez abriu a Aula de Marketing para profesionais da industria Forestal-Madeira, cunha primeira sesión introductoria ás 7 P do marketing enlazándoas con casos reais que asentan ditos conceptos.

Además hoxe día 17/10/2026 damos continuidade ao Curso de implantación de QGIS na oficina técnica- nivel medio, da man de Fernando Enjamio, que leva este aplicativo á práctica da enxeñaría forestal.

Un panel docente de luxo que sen dúbida axuda a reforzar os nosos perfís profesionais!

Actividade cofinanciada por : Axencia Galega da Industria Forestal ()

www.facebook.com/xeraindustriaforestal

e .

📚 Asistimos ao acto de presentación da “GUÍA PARA A INTEGRACIÓN DOS SERVIZOS ECOSISTÉMICOS NA AVALIACIÓN AMBIENTAL” que ...
14/10/2026

📚 Asistimos ao acto de presentación da “GUÍA PARA A INTEGRACIÓN DOS SERVIZOS ECOSISTÉMICOS NA AVALIACIÓN AMBIENTAL” que nace co obxectivo de facilitar a análise dos posibles impactos ambientais, sociais e económicos derivados da implantación no territorio de proxectos industriais, prestando especial atención aos servizos ecosistémicos, entendidos como os beneficios directos ou indirectos que obtén a poboación do bo funcionamento dos ecosistemas que a rodean.

👉 Descarga dispoñible en:https://gaia.xunta.gal/sites/default/files/documentos/2026-10/informe-evaluacioin-servicios-ecosistemicos-gal.pdf

Dirección

Rúa Sánchez Freire, 64/Baixo Dereita
Santiago De Compostela
15706

Horario de apertura

Lunes 10:00 - 14:00
Martes 10:00 - 14:00
Miércoles 10:00 - 14:00
Jueves 10:00 - 14:00
Viernes 09:00 - 14:00

Teléfono

+34 981 52 00 77

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Forestais de Galicia publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con La Empresa

Enviar un mensaje a Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Forestais de Galicia:

Atajos

Compartir

Ferreterías cercanos