Plataforma Sarriana polo Río

Plataforma Sarriana polo Río Plantexando unha alternativa ó actual encanamento do Sarria. twitter.com/PlatRioSarria
[email protected] Hai xa 365 días. Dende abril D. José A.

Foi daquela, naquel afastado 24 de febreiro do 2014, en que moito antes do amencer, 11 veciños de Sarria encadeáronse aos ameneiros da Illa do Toleiro para protexelos fisicamente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, e abofé que os protexeron. Uns pediron os días no traballo, outros non tiñan traballo onde pedir o día, estoutros abandoaron durante 29 días e 29 noites os seus estudos e traball

os. Eran poucos pero moi decididos e a Illa foise enchendo de xentes heteroxeneas pero sabedoras do seu deber de protexer a súa paisaxe. A Plataforma Sarriana polo Río, con todo en contra, xogou todas as súas bazas. 30 meses despois, 15 manifestacións e caceroladas despois, logo de queimar 0 contenedores, logo de centos de escritos e denuncias ante as administracións e xulgados, tras romper 0 caixeiros, logo da peregrinaxe a Compostela, despois de facer 0 pintadas, despois de máis de 500 escritos de alegacións ahí seguimos. Agora tócanos salvar a Ponte Ribeira que nos une, protexer o Camiño de Santiago e salvar a Sarria do caos anunciado pola CHMS. Levaba a Plataforma xa meses mobilizándose daquela, recollendo 7.800 sinaturas e informando, eles si, aos veciños e ás xordas administracións implicadas sobre esta obra sen licencia municipal de obras, deste proxecto de encanamento que incumpre o plan de encanamento vixente aprobado en 2008 polo pleno municipal e Confederación xa que no Plan non se contemplan as motas urbáns feitas no proxecto. Este proxecto vixente, así como o proxecto modificado seguinte, tamén incumpren os condicionantes da resolución de 2010 de non someter o proxecto a Estudo de Impacto Ambiental da Secretaría de Estado de Cambio Climático (Ministerio de Medio Ambiente), pero non só nestes 3 condicionantes senón porque tamén ésta refírese a que as motas só están comtempladas para os tramos non urbáns e non para a zona do Malecón. Trala multitudinaria concentración do 23F en que o pobo de Sarria saíu á rúa a prol do río Sarria e en contra do proxecto e obras de encanamento, reunímonos na Unión para actuar ao amencer. Ensaiamos como encadearnos co cable dun micrófono, mercamos cadeas e candados na ferretería da esquina e intentamos durmir algo antes de meternos a protexer este hábitat prioritario prioritario de interés comunitario 91E0*, o noso bosque aluvial, o ameneiral atlántico de freixos e amenerios do río Sarria. Esas inútiles, despilfarradoras, ilegais e absurdas obras que levan sembrado o caos na vila desde o 14/NOV/2013, si, nese mesmo fatídico día en que podiamos ler nos xornais a sentenza do Prestige. Nese día outra tolemia comezaba a acontecer en Sarria e todo para conseguir 10 pírricos m3/seg de capacidade de desaugadoiro que serán metidos nos barrios da Ponte Vella e Río Sol. Ese 24 de febreiro demostrouse como escoita o alcalde de Sarria aos seus veciños. Naquel lonxano luns 24 comezaron a ilegal corta das árbores do Malecón. Aos centos de veciños que, de maneira pacífica e esperanzadora, se manifestaron un día antes no Malecón, o domingo 23F, para pedir a paralización inmediata das obras de encanamento do río Sarria, o Sr. Alcalde e a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil respondían arrancando as motoserras para iniciar a corta masiva das árbores. Ese é o patético diálogo dos nosos gobernantes. Entrementres o Presidente da Xunta segue desaparecido sen dar a cara polas irresponsables actuacións da Consellería de Medio Ambiente e da patética inacción da Consellería de Cultura que non respostou aos nosos esritos e denuncias presentadas pola veciñanza e ao que lle obriga a lei de dereito de acceso a información ambiental. Alberto Núñez Feijóo négase a recibir á Plataforma Sarriana polo Río. -Non se preocupe Sr. Presidente, xa leva a cidadanía máis de dous anos sustituindoo no exercizo das súas funcións. Xa nos facemos nós con ese valeiro de poder. Vostede estea tranquilo, de facer que se cumpran as leis xa se encarga a veciñanza aínda que nos vaia no lombo e nos petos.-
Agora a Xunta de Galicia está a cambiar todas as leis que incumpre o proxecto de encanamento para facilitarlle o camiño aos seus compañeiros da CHMS: o decreto que regula o catálogo galego das árbores senlleiras xa foi modificado, a normativa fitosanitaria de corta dos ameneiros por primeira vez en moitos anos irresponsablemente permite a corta todo o ano, xa cambiaron a Lei de patrimonio cultural que refundíu nunha soa a Lei 8/1995, do Patrimonio Cultural de Galicia xunto coa Lei 3/1996, de Protección dos Camiños de Santiago a pesar de que esta última foi aprobada no seu momento por unanimidade no Parlamento ¿Terá a culpa diso a Ponte Ribeira tamén? ¿Cal vai a ser a seguinte lei que se modificará no Parlamento de Galicia? Sen dúbida modificarán o artigo 6 da “Lei de protección, conservación e mellora dos ríos galegos” que reiteradamente leva incumprindo dende 2007 a CHMS. As administracións implicadas (CHMS, Xunta de Galicia e Concello de Sarria) non escoitaron, nin sequera respostaron, aos informes críticos da comunidade científica da USC, dos expertos da Escola Galega da Paisaxe ou do Consello da Cultura Galega (Asesores da Xunta de Galicia). A pesar de cambiar as leis e aos consellleiros de Cultura e de Medio Ambiente implicados no encanamento do río Sarria, o que esquece o noso Presidente da Xunta, o Sr. Núñez Feijóo, e que as novas leis e normativas non teñen efectos retroactivos e que tamén se están a infrinxir reiteradamente varias leis estatais e ata 7 directivas europeas que foron denunciadas na Comisión Europea no pasado 2014. Nunca imaxinamos que fose tal a capacidade do río Sarria para lexislar. A día de hoxe, o certo é que en Sarria non se pode exercer a democracia. Si, así é. Inxenuos de nós que pensabamos ao comezo desta viaxe que viviamos nun estado democrático de dereito. Cando pides autorización para unha manifestación o Alcalde/a de Sarria intenta impedila como así o intentou na última que fixemos en outubro 2014. Que poñemos unha pancarta, pois por primeira vez en 40 anos de democracia o Concello adicouse a retirar sistematicamente unha pancarta da rúa. Que resulta que o pobo de Sarria maniféstase espontanemente contra o desaloxo da Illa, pois o Subdelegado do Goberno abre expedientes e sanciona económicamente aos que se lle ocorre usando espureamente ás forzas da orde. Uns días antes da nosa chegada á Illa do Toleiro en 2014, o Alcalde de Sarria anunciara a posta en marcha dunha campaña informativa sobre o proxecto de encanamento pero as obras xa levaban 3 meses en marcha. Sen embargo, nese mesmo intre o Sr. Alcalde sabía perfectamente que a orde de comezar a corta o día 24/feb/14 estaba dada e que, aínda por riba, a data límite para termiñala tiña que ser o 28 de febreiro, data na que comezaba o período de cría das aves do río, que nese ano 2014, se non o impediamos, ían quedar sen casa. Daquela xa entendimos por que o noso alcalde, D. García, non pensaba informarnos ata marzo e iso que as obras xa levaban varios meses en marcha. (nunca o fixo ao final).
¡coma se os merlos rieiros, chochíns, garzas reais, pitos reais, parrulos salvaxes, lavandeiras, … soubesen ler as ordenanzas e as normativas de la Xunta!. Se non tivéramos parado esa corta irracional e inxustificada, en poucos días nin os paxaros, nin as ras, nin as lontras, nin o mexilón de río (especie en perigo de extinción atopada na Illa) nin ningún bicho vivinte, terían xa onde meterse. E habería un bosque de ribeira menos no planeta. Menos ameneiros limpando o aire, nitroxenando o chan, protexendo as ribeiras, en definitiva facéndonos a vida máis fermosa aos cidadáns. Os beneficios do arboredo nas vilas están amplamente recoñecidos entre a comunidade científica, xa que regulan a temperatura, limpan o aire, fixan as partículas de po, absorben CO2, dióxido de azufre e outros contamiñantes e compoñentes da chuvia ácida e melloran o confort. A isto hai que engadir os beneficios sociais, o máis evidente o estético ao crear contornas máis verdes e paisaxes máis brandas dentro das cidades, pero existen outros de tipo psicolóxico moi importantes, como a creación de lazos na comunidade, o benestar psíquico ou a redución do estrés. Por outra banda o casco urbán de Sarria non conta precisamente cunha dotación de zonas verdes proporcionada á súa dimensión e poboación, estando alonxada dos estándares recomendados pola Organización Mundial da Saude. Mentres algúns ficaban a mirar dende a barreira, menos mal que alí estaba pasando frío e mollándose polo río esa veciñanza protexendo a sombra dos ameneiros mentres as administracións “disparaban con polvora do rei”. E agora que?, pois unha vez que a cidadanía sustituíu á administración e salvou o ecosistema do río, deste corredor ecolóxico de primeira magnitude que conecta o LIC Ancares-Caurel coa Reserva da Biosfera Terras do Miño; de hoxe nun mes, o domingo 22 de marzo á 1:00, a Plataforma Sarriana polo Río invita aos sarriaos que recentemente presentaron máis de 500 escritos de alegacións ao Proxecto Modificado de Encanamento, aos máis de 160 comercios que tamén as presentaron, eses que levan uns cantos anos xa coa auga ao pescozo e que se tiran a ponte principal de Sarria ven os seus negocios “afogados”, a concentrarse para salvar a ponte de Ferro da Rúa Calvo Sotelo e evitar que o caos se apodere de Sarria de novo.

Os residentes da Residencia Nosa Señora do Carme de Sarria veñen de recibir 20 sillóns, por valor de 5.383,27 € (IVE inc...
14/11/2024

Os residentes da Residencia Nosa Señora do Carme de Sarria veñen de recibir 20 sillóns, por valor de 5.383,27 € (IVE incluido), doados por veciños anónimos e adquiridos nunha fábrica de tapizados de Sarria.
A Plataforma Sarriana polo Río lle trasladou estas butacas dos doantes aos nosos maiores ao obxecto de cumprir co compromiso de abril/2014 e de 23/abril/2016 de devolver para fins sociais ou ONG´S os cartos doados hai 8 e 10 anos por os veciños, e simpatizantes de fora, que participaron daquela no crowfounding “MÓLLATE POR QUEN SE MOLLOU” e que naquel intre serviron para pagar as ilegais sancións económicas impostas pola Subdelegación do Goberno de Lugo e que posteriormente foran anuladas e declaradas contrarias a dereito polo Xulgado do Contencioso Administrativo nº2 de Lugo en diversas sentenzas de 23/nov/2016 e de de 26/xullo/18. Ditas sentenzas tamén impuxéralle as costas á Subdelegación do Goberno.
Somos un mero transmisor da xenerosidade da xente que cando lle tocou defendeu co seu patrimonio persoal (doazóns, compra de lotería, camisetas, etc.), non só a 34 veciños expedientados e sancionados irregularmente, e a outros 10 denunciados no seu momento no eido penal; eses doantes tamén estaban a defender a democracia, a liberdade e o medio natural e cultural do río Sarria. Os seus cartos quedan agora para que poidan descansar mellor os nosos maiores da residencia sarriá. Sarria El Progreso El Progreso de Lugo

"Descripción de la cortiña y caneira para anguilasLa descripción arranca de que en escritura de fecha 18 de mayo de 1703...
11/07/2021

"Descripción de la cortiña y caneira para anguilas
La descripción arranca de que en escritura de fecha 18 de mayo de 1703, Juan de Valcarce y Quiroga, vecino de Sarria, había comprado a la viuda María Díaz “la ameneyriza conforme tiene desde la esquina del leiro que llevaban y percibe Gracia Díaz de Arcilar y Catalina Díaz, su hermana, según va de largo a largo de dicha Cortiña, con los árboles que en él estaban, según la percibían y llevaban los padres de la vendedora, y ansí mesmo le ha vendido la caneira que tenía en el rairo de los molinos que quedaron de Juan Álvarez y en el río de la Sarria, y confina con dicha ameneiriza, y todo ello debajo el signo y campana de Sancta Marina desta Villa en precio y quantía de setenta y quatro reales“.
Parece claro que el lugar estaba lleno de ameneiros."

En el capítulo 6.2 de esta serie (“Descripción real de la Fortaleza en 1860: Nuevos documentos inéditos, desconocidos hasta ahora”) ya hablamos algo de este caso, aunque solo tangencialmente. Ahora…

E a ponte para cando????
23/05/2021

E a ponte para cando????

𝐀 𝐯𝐢𝐧𝐠𝐚𝐧𝐳𝐚 𝐝𝐚 𝐃𝐢𝐫𝐞𝐜𝐜𝐢ó𝐧 𝐗𝐞𝐫𝐚𝐥 𝐝𝐞 𝐏𝐚𝐭𝐫𝐢𝐦𝐨𝐧𝐢𝐨 𝐂𝐮𝐥𝐭𝐮𝐫𝐚𝐥.Decididamente Sarria non ten sorte. Algunhas veces acúsase aos poli...
24/03/2021

𝐀 𝐯𝐢𝐧𝐠𝐚𝐧𝐳𝐚 𝐝𝐚 𝐃𝐢𝐫𝐞𝐜𝐜𝐢ó𝐧 𝐗𝐞𝐫𝐚𝐥 𝐝𝐞 𝐏𝐚𝐭𝐫𝐢𝐦𝐨𝐧𝐢𝐨 𝐂𝐮𝐥𝐭𝐮𝐫𝐚𝐥.

Decididamente Sarria non ten sorte. Algunhas veces acúsase aos politicos de favorecer excesivamente a súa terra de orixe. En Sarria non se dá este caso, senón todo o contrario.

Estamos asistindo a outro lamentable episodio relacionado coa Ponte Ribeira. O actual alcalde, promotor do funesto encanamento do río, rectificou ao escoitar a vontade da cidadanía, o que lle honra, e así, hoxendía, o Concello De Sarria presenta un proxecto que podería contentar a todos e emprende os trámites para volver a facer transitable a Ponte Ribeira. A Confederación Hidrográfica del Miño-Sil, O.A. dalle o visto e prace, a Deputación de Lugo achega recursos... pero a Dirección Xeral de Patrimonio da Xunta de Galicia non autoriza a obra.

E un pregúntase: e o BNG - Bloque Nacionalista Galego por que non opina? Ana Pontón é sarriá, pero nin ela nin ninguén do seu partido se molla pola ponte. Que pasa? Teñen medo de favorecer a outro partido? Pesan máis os intereses partidistas que os de Sarria? Pois, señoras e señores políticos, nas próximas eleccións municipais xulgarémolos polos seus feitos ou pola súa inactividade.

Pero aínda temos un caso peor: hai outra sarriá máis implicada neste asunto: a directora xeral de Patrimonio. Como todos recordaredes, hai uns anos, a Dirección Xeral de Patrimonio autorizou unha intervención que supuña destruír o estribo esquerdo da Ponte Ribeira, eliminar todo o arboredo da zona e substituír a ponte do Toleiro por ese espantallo de macro-tubo que todos contemplamos con horror. Como era posible tal loucura? Daquela, a D.X. de Patrimonio facilitou unha máis que dubidosa tramitación porque había intereses partidistas, en concreto do Partido Popular de Galicia. Daquela, calquera que tivese algo de sensibilidade cultural botou as mans á cabeza e unha parte importante da veciñanza conseguíu evitar a talla e a destrución da Ponte Ribeira mobilizándose.

A humillación que supuxo para o PP o non poder sacar adiante aquel proxecto de fatídico recordo para todos os sarriaos queren facérnola pagar hoxe. Como non lles deixamos facer aquela atrocidade, pretenden deixarnos sen ponte.

Calquera que vexa a resolución da D.X. de Patrimonio non precisa aclaración. O novo proxecto só pretende colocar unha estrutura provisional sobre os estribos para restablecer o paso pola ponte canto antes. Nunha segunda fase, se for posible, tentaríase restaurar toda a parte vella da ponte, demoler a de formigón e deixala como peonil mentres o tránsito rodado se desvía por outra ponte próxima de nova factura.

En que supón este proxecto unha ameaza para o patrimonio cultural? En nada. Todo o contrario. Pero non. Estamos castigados.

𝐒á𝐛𝐚𝐝𝐨 𝟏𝟑 𝐝𝐞 𝐦𝐚𝐫𝐳𝐨 𝐝𝐞 𝟐𝟎𝟐𝟏.

Román Rodríguez, conselleiro de Cultura, Educación e Universidade

Canibalismo urbanístico e maltrato da paisaxe
Asociación para a defensa do Patrimonio Cultural Galego
Hispania Nostra
ICOMOS España
Camino Xacobeo
PSdeG
Valedor do Pobo
El Progreso de Lugo
Sarria El Progreso
Cultura Galega
Cultura de Galicia
Alberto Núñez Feijóo
Consello Da Cultura Galega
Patricia Otero Rodriguez



Defende que a estrutura non supón ningunha ameaza para Ponte Ribeira, pero non recibe autorización porque Sarria está "castigada"

Novo episodio de arboricidio protagonizado pola Confederación Hidrográfica del Miño-Sil, O.A. e o Concello De Sarria, qu...
23/03/2021

Novo episodio de arboricidio protagonizado pola Confederación Hidrográfica del Miño-Sil, O.A. e o Concello De Sarria, que mesmo afirma terlle pedido axuda para levalo a cabo.

Sarcásticamente o organismo destrutor da natureza recoñece a especial sensibilidade do pobo coas árbores e para maior crueldade vai directamente polas do Malecón que os sarriáns defendemos anos atrás, deixando nelo moito esforzo e moito sufrimento.

O mesmo alcalde, Claudio Garrido Martinez, que no seu día promoveu un plan de encanamento dañino para o patrimonio cultural e natural sarrián, leva a cabo cortas indiscriminadas baseadas nuns supostos riscos, que non se sabe moi ben a que ou quen afectan. Temos un pobo completamente abandoado, falto de dotacións e con Ponte Ribeira cortada desde hai sete anos, e estanse a preocupar dunha suposta inseguridade causada por unhas árbores que nunca dano algún causaron. E claro, a CHMS actúa rauda. Os seus técnicos quedaron en ridículo coa redacción dun plan e proxecto de encanamento destrutivos e que non foron quen de executar grazas á actuación dos veciños de Sarria.

Non houbo goberno local que máis arboricidios cometera que o actual. Empreguen as súas forzas en reconstruir un pobo que están deixando caer e non en destruilo máis e, se non, vaian para as súas casas. Sarria agradecerallo.

ADVERTENCIA: Os feitos e persoas desta historia son ficticios. Calquera parecido coa realidade é pura semellanza.O 12 de...
18/03/2021

ADVERTENCIA: Os feitos e persoas desta historia son ficticios. Calquera parecido coa realidade é pura semellanza.

O 12 de febreiro de 2020 os funcionarios de arqueoloxía da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural emitiron un informe favorable á proposta do Concello De Sarria de colocar un taboleiro na parte moderna da Ponte Ribeira para restablecer o paso.

Aquel día, alguén debeu de saltar da súa cadeira de brazos dicindo:
- Isto non pode ser !!! Baixo ningún concepto!!!
- Xefa, é que non tocan nin unha pedra, non fan ningún dano. E ademais restablecen o paso de peregrinos tras seis anos coa ponte cortada.
- Pois preciso outro informe! Estes non poden saírse coa súa! Ademais, se autorizamos a obra, o conselleiro váiseme cabrear. Veña!!! Vós, os de arquitectura, preparádeme un informe negativo como sexa. Douvos cinco días, e quéroo enriba da miña mesa o luns 17.
Como os arquitectos non vían por onde atacar, decidiron simplificar: “a ponte agora proxectada resulta ESTRAÑA”, argumento legal onde os haxa ¿?.

A directora xeral respirou aliviada:
- Isto xa é outra cousa. Moi ben. Pero… non podedes poñer que infrinxe algún artigo da Lei de Patrimonio Cultural?
- É que non infrinxe nada, pero podemos usar esa linguaxe baleira e inintelixible que usamos ás veces na administración, aínda que sexa una toleada que digamos que esta ponte resulta ESTRAÑA cando non dixemos que era estraña esa ponte branca que autorizamos en 2013 uns metros río abaixo.
- Bah! Pero podedes poñer “Se o que se quere é restablecer o tráfico rodado e peonil, xa foi autorizada por esta DXPC unha ponte”. Porque xa lles autorizamos unha ponte cando estaba a do PSdeG de alcaldesa. Que fagan esa se queren, que ao fin e ao cabo era a mesma que proxectou a Confederación Hidrográfica.
- É que non nos preguntan por ese proxecto. Pídennos autorizar outro, unha simple pasarela que non fai ningún dano.
- Pois decídeslles: “Informaríase favorablemente unha ponte exclusivamente peonil na parte medieval que queda en pé”, e xa verán que así se lles cabrean os meus paisanos.
- Así estamos na mesma. É que non nos preguntan tampouco por pontes peonís. Non podemos informar de proxectos que non presentan, senón do que si presentan. Poderíannos acusar de arbitrariedade, de actuar de mala fe…, e ao fin e ao cabo a ponte é do concello, e nós non somos os promotores da obra.
- Xa. E a min diranme que é un flagrante “desvío de poder” porque unha vez que llo tiremos abaixo vou tardar un ano en notificárllelo. Vailles dar a risa aos meus veciños de Sarria! Así retrasamos polo menos un ano un posible rescurso contencioso.
- O que vostede mande. Se quere, dicímoslles que, total, xa hai dúas pontes en Sarria, aínda que están a 900 metros. Pero o ano que vén é Xacobeo 2021 e seguro que fastidiamos aos peregrinos. Ademais, non somos a Dirección Xeral de Tráfico nin a Consellería de Mobilidade. Esa non é a nosa misión. Sería un escándalo.
- Que lles dean aos peregrinos! Que lles dean ao Camino Xacobeo! E que lles dean aos meus paisanos de Sarria! Veña, adiante con ese informe.

Xunta de Galicia Alfonso Rueda Valenzuela Alberto Núñez Feijóo
Román Rodríguez, conselleiro de Cultura, Educación e Universidade

Foto: Requejo, 1906.
24/06/2020

Foto: Requejo, 1906.

23/05/2020

El tribunal establece en la histórica sentencia que tumba el pantano de Biscarrués, en Huesca, que las administraciones solo podrán destrozar valles y deteriorar zonas protegidas cuando logren justificar científicamente que ejecutar esas obras resulta más beneficioso para el interés del país ...

Será un avión✈️?? Non será Batman🦹‍♂️??? NON, é a garza real que coma cada ano chega ao Malecón no tempo de xeadas❄️.
05/12/2019

Será un avión✈️?? Non será Batman🦹‍♂️??? NON, é a garza real que coma cada ano chega ao Malecón no tempo de xeadas❄️.

03/12/2019

Pasado o Campo do Rolo (hoxe Praza de Galicia/CEIP Frei Luis de Granada) o Camiño de Santiago, despois dun treito de 330 metros, alcanza a Ponte de Sárria, agora coñecida como Ponte Ribeira, e que nalgún tempo foi chamada Ponte Vella. Esta ponte ten a súa orixe no século XII e foi alzada para ...

Sarria El Progreso , 23 de outubro de 2019.
23/10/2019

Sarria El Progreso , 23 de outubro de 2019.

Dirección

Sarria

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Plataforma Sarriana polo Río publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Empresa

Enviar un mensaje a Plataforma Sarriana polo Río:

Compartir