Aula Cemit Tomiño

Aula Cemit Tomiño O obxectivo é impulsar, potenciar e difundir os coñecementos nas tecnoloxías da información e a

10/03/2026
Dende 2008 continuamos acercando as novas tecnoloxías a nosa veciñanza e agora seguimos crecendo nun novo e fantástico e...
30/09/2025

Dende 2008 continuamos acercando as novas tecnoloxías a nosa veciñanza e agora seguimos crecendo nun novo e fantástico espazo.

Ao fin podemos anunciar que a Aula Cemit de Tomiño xa está a funcionar a pleno rendemento na súa nova ubicación, o Espazo Isaura Gómez na segunda planta da nova biblioteca municipal na Rúa Colón 4 no Seixo.

Neste carrusel tedes unha ollada ao que vos espera: instalacións modernas e acolledoras, perfectas para seguir aprendendo e explorando o mundo dixital.

Na Aula CeMIT de Tomiño podedes aprender os fundamentos da ofimática, navegación segura en Internet, uso de ferramentas dixitais cotiás, ata trucos para manexar o teu móbil e redes sociais. Os nosos cursos están pensados para que a tecnoloxía sexa sinxela e accesible para todos e todas.

Os nosos horarios son:
- De luns a venres de 9:15 a 13:45
- Martes tamén pola tarde de 16 a 20

Temos moitas ganas de veñades a coñecer a nova aula e seguir compartindo a paixón pola informática. ¡Ven visitarnos!

Por terceiro verán consecutivo volven os cursos sobre tecnoloxías disruptivas á aula CEMIT de Tomiño.Durante as mañás de...
19/06/2025

Por terceiro verán consecutivo volven os cursos sobre tecnoloxías disruptivas á aula CEMIT de Tomiño.

Durante as mañás de xullo e agosto realizaranse varias quendas dun curso sobre tecnoloxías disruptivas orientado a nenas e nenos. Igual que o ano pasado haberá dous grupos diferenciados segundo a idade, sendo un deles de 8 a 11 anos e o outro de 12 a 16. Aínda que se poden facer excepcións.

Entre outras cousas, deseñaranse obxectos para logo imprimilos nunha impresora 3D, coñecerán como funcionan unhas gafas de realidade virtual, programarán un dron para que faga voos de maneira automática, aprenderán programación e robótica coa placa Micro:Bit e falarase dos fundamentos da electrónica grazas ás placas Arduino.

Debido ao traslado temporal da aula CeMIT, este ano os cursos realizaranse na Aula 2 da Escola Obradoiro na Avenida Pío Troncoso de Goián.

O curso é de balde e ten unha duración de 10 horas, e as persoas interesadas disporán de diferentes datas para que poidan escoller a que mellor se adapte a súa axenda. Sempre serán de luns a venres entre as 10:00 e as 12:00. As quendas son as seguintes:

Quenda 1: Semana do 7 ao 11 de xullo. Grupo de 8 a 11 anos.
Quenda 2: Semana do 14 ao 18 de xullo. Grupo de de 12 a 16 anos.
Quenda 3: Semana do 28 de xullo ao 1 de agosto. Grupo de 8 a 11 anos.
Quenda 4: Semana do 4 ao 8 de agosto. Grupo de de 12 a 16 anos..
Quenda 5: Semana do 18 ao 22 de agosto. Grupo de 8 a 11 anos.
Quenda 6: Semana do 25 ao 29 de agosto. Grupo de de 12 a 16 anos.

Para obter máis información ou inscribirse pódese chamar ao 640 95 67 14, mandar un correo a [email protected] ou pasar pola aula CeMIT sita na Aula 2 da Escola Obradoiro na Avenida Pío Troncoso de Goián, de luns a venres de 9:15 a 13:45 ademais dos martes de 16:30 a 20:30.

Bo día, dende o Concello de Tomiño imos a realizar un curso de Capacitación Dixital en Intelixencia Artificial.O curso s...
11/11/2024

Bo día, dende o Concello de Tomiño imos a realizar un curso de Capacitación Dixital en Intelixencia Artificial.

O curso será de 30 horas, de luns a xoves de 16h a 19h de *hoxe 11 ao 21 de novembro* na Escola Obradoiro de Goián.

Cremos que é unha opción interesante, posto que a informática avanzada, e neste caso a intelixencia artificial, está a modificar os postos de traballo e outros aspectos do noso día a a día, polo que estar ao tanto das posibilidades que nos aporta e saber utilizalas será moi útil.

Se estades interesados/as, debedes cubrir este formulario: https://forms.gle/kA6oKb4zXq4nB3eWA. Calquer dúbida podedes contactar con nos neste WhatsApp. Moitas grazas!

Seminario Scratch Day 2024, actividade de balde na aula Cemit de Tomiño sobre programación.Dirixido á rapazada de entre ...
11/09/2024

Seminario Scratch Day 2024, actividade de balde na aula Cemit de Tomiño sobre programación.

Dirixido á rapazada de entre 7 e 15 anos acompañada dunha persoa adulta. Realizarase o vindeiro sábado, 21 de setembro, de 9:30h. a 13:30h.

Os seminarios perseguen introducir aos asistentes de forma divertida no mundo da programación mentres aprenden a desenvolver videoxogos coa ferramenta Scratch. Realizaranse 3 videoxogos relacionados con deportes presentes nos Xogos Olímpicos, onde se irá incrementando a complexidade a medida que se avanza.

Para inscribirse podes visitar a seguinte páxina https://cemit.xunta.gal/gl/formacion/formacion-presencial/47122 . Para máis información ir a aula CEMIT sita no Campo da Feira S/N en Tomiño, chamar ao 640 95 67 14 ou mandar un correo electrónico a [email protected].

Tras o éxito da campaña do pasado ano, volven este verán os cursos sobre tecnoloxías disruptivas á aula CEMIT de TomiñoD...
18/06/2024

Tras o éxito da campaña do pasado ano, volven este verán os cursos sobre tecnoloxías disruptivas á aula CEMIT de Tomiño

Durante as mañás de xullo e agosto realizarase un curso sobre tecnoloxías disruptivas (varias quendas) orientado a nenas e nenos. Este ano haberá dous grupos diferenciados segundo a idade, sendo un deles de 8 a 11 anos e o outro de 12 a 16 (aínda que se poden facer excepcións).

Entre outras cousas, deseñarán obxectos para imprimir nunha impresora 3D, coñecerán como funcionan unhas gafas de realidade virtual, programarán un dron para que faga voos de maneira automática, aprenderán programación e robótica coa placa Micro:Bit e falarase dos fundamentos da electrónica grazas ás placas Arduino


O curso é de balde e ten unha duración de 10 horas, e as persoas interesadas disporán de diferentes datas a escoller. O horario é sempre o mesmo: de luns a venres (entre as 10h e as 12h)

Quenda 1: Semana do 1 ao 5 de xullo. Grupo de 8 a 11 anos.

Quenda 2: Semana do 15 ao 19 de xullo. Grupo de de 12 a 16 anos.

Quenda 3: Semana do 29 de xullo ao 2 de agosto. Grupo de 8 a 11 anos.

Quenda 4: Semana do 5 ao 9 de agosto. Grupo de de 12 a 16 anos..

Quenda 5: Semana do 19 ao 23 de agosto. Grupo de 8 a 11 anos.

Quenda 6: Semana do 26 ao 30 de agosto. Grupo de de 12 a 16 anos.

Para obter máis información ou inscribirse pódese chamar ao 640 95 67 14, mandar un correo a [email protected] ou pasar pola aula CeMIT sita no parque do Campo da Feira en Tomiño, de luns a venres de 9:15 a 13:45 e martes de 16:30 a 20:30.

O TEU DÍA A DÍA EN LIÑA, CON SEGURIDADEEn materia de competencias dixitais en ciberseguridade, ninguén debe quedar atrás...
05/05/2023

O TEU DÍA A DÍA EN LIÑA, CON SEGURIDADE
En materia de competencias dixitais en ciberseguridade, ninguén debe quedar atrás.

Trátase dunha formación de balde na que buscamos formar á cidadanía, principalmente xente maior, de maneira fácil e práctica sobre os principais retos aos que estamos expostos no día a día no contexto da ciberseguridade e como afrontalos.

No caso da aula de Tomiño, esta formación terá lugar o vindeiro luns 22 de maio de 11:30 a 13:00.

Mais información e inscricións:
- Teléfono 986623304
- Correo [email protected]
- Web https://cemit.xunta.gal/gl/centros/tomino
- Presencialmente na aula sita no parque do Campo da Feira de Tomiño.
O horario de apertura da aula é de 9:15 a 13:45 de luns a venres, ademais, os martes de 16:30 a 20:30.

Inscríbete nos obradoiros de balde que se realizan polas mañás na aula Cemit de Tomiño.
08/09/2022

Inscríbete nos obradoiros de balde que se realizan polas mañás na aula Cemit de Tomiño.

Como moitos de vós estabades a agardar, durante este verán volven os obradoiros Steam de balde para a rapazada de 8 a 15...
23/06/2022

Como moitos de vós estabades a agardar, durante este verán volven os obradoiros Steam de balde para a rapazada de 8 a 15 anos da man do aliado dixital Agasol e no marco do convenio de colaboración asinado coa Amtega.
CONTIDOS FORMATIVOS
Tarxeta micro:bit para aprender a programar de xeito fácil e divertido.
Maching learning for kids: ferramenta para achegarnos á Intelixencia Artificial.
Makey Makey: kit de creación interactivo para experimentar, investigar e practicar nunha contorna real a programación con Scratch.
Circuítos en papel: circuíto eléctrico que ten como obxectivo facer brillar un LED nun papel ou tela, tamén poderanse incluír diferentes sensores e actuadores e facer cómics, postales pop-up, libros luminosos, papiroflexia interactiva...
Pola súa banda, o monitorado de Agasol encargarase de adaptar os contidos ás características de cada grupo, introducindo conceptos como a igualdade, o sentido crítico ante a tecnoloxía, o seu uso creativo, o traballo en equipo ou a importancia das artes como ferramenta de desenvolvemento.
No caso da aula de Tomiño, as datas e horarios serán os seguintes:
De 8 a 11 anos, o 6 de xullo de 10:30 a 13:30
De 12 a 15 anos, o 7 de xullo de 10:30 a 13:30
Inscricións e información no 986623304, [email protected] ou na aula do Campo da Feira no Seixo.

Dirección

Rúa Colón 4
Tomiño
36740

Horario de Apertura

Lunes 09:15 - 13:45
Martes 09:15 - 13:45
16:00 - 20:00
Miércoles 09:15 - 13:45
Jueves 09:15 - 13:45
Viernes 09:15 - 13:45

Teléfono

+34986623304

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Aula Cemit Tomiño publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Compartir