Cómo llegar Página web

Foroesgal O Foro pola Economía Social Galega é un espazo de encontro entre entidades da economía social gal

🌟👩‍🌾 Agaca, entidade socia do  , celebrou onte unha interesantísima xornada arredor do papel das mulleres no medio rural...
23/10/2026

🌟👩‍🌾 Agaca, entidade socia do , celebrou onte unha interesantísima xornada arredor do papel das mulleres no medio rural e os retos que aínda quedan por acadar en materia de igualdade.

👥 O ForoESGal tivo a oportunidade de asistir, a través do seu presidente, Mino Martínez, a un acto que reuniu a representantes do sector cooperativo, o ámbito xurídico e das administración públicas para compartir diálogo, experiencias e reflexións sobre a situación actual no día a día das mulleres que desenvolven a súa actividade nos sector agroalimentario e sobre a súa presenza nos órganos de decisión das cooperativas.

✅ A sesión, artellada baixo o título “Mulleres que cultivan futuro. Liderazgo, igualdade e cooperativismo agroalimentario” e organizada no marco do Ano Internacional da Agricultora 2026, serviu así mesmo para analizar as ferramentas e políticas públicas que poden axudar a conseguir unha participación máis equilibrada.

Parabéns a Agaca pola organización de tan marabillosa e necesaria xornada. 👏

📷 Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias, Agaca

☕ A celebración, fai xustamente hoxe unha semana, dos nosos VI Cafés con Aroma a Economía Social, deixounos interesantes...
22/10/2026

☕ A celebración, fai xustamente hoxe unha semana, dos nosos VI Cafés con Aroma a Economía Social, deixounos interesantes datos e reflexións arredor do noso sector e dos desafíos derivados do actual contexto xeopolítico internacional.

➡️ A seguridade, a enerxía, o financiamento, o impacto no territorio, a cohesión social, a competitividade ou a soberanía alimentaria foron algúns dos temas que saíron a colación na mesa redonda protagonizada por Miguel Otero, Celso Gándara, Carlos Lozano e Ana Olveira (como moderadora).

👥 Un intercambio de impresións e puntos de vista que confluíron á hora de destacar a importante misión da Economía Social.

✅ “O sector da Economía Social estivo sempre alí onde había unhas necesidades e uns colectivos con certa desigualdade, con certas necesidades, e a Economía Social ofreceu unha resposta colectiva a estas necesidades”, apuntou Celso Gándara, representante do ForoESGal en CEPES.

✅ Miguel Otero, investigador principal no Real Instituto Elcano, sinalou á ES como “clave para emponderar a aqueles que teñen menos recursos” mentres que Carlos Lozano, coordinador da área de Relacións Internacionais de CEPES, afirmaba que “son sus principios y valores los que distinguen a la ES del resto del sector empresarial. No es que seamos la solución única a todos los problemas, pero sí somos una parte de la solución”, asegurou.

🌟Unha vez máis, grazas a todas a persoas que quixestes compartir con nós estes Cafés tan especiais.

📷 Deixámosvos por aquí máis imaxes da xornada 😊
ç

Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias, Agaca
AEIGA Asociación de Empresas de Inserción de Galicia
Aesgal
Cegasal
Espazocoop Unión de Cooperativas Galegas
Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
Rede Eusumo - Economía Social de Galicia
Caixa Rural Galega

📝 O XVI informe “O Estado da Pobreza en Galicia 2026” presentado o pasado venres por EAPN-Galicia revela que 600.000 per...
19/10/2026

📝 O XVI informe “O Estado da Pobreza en Galicia 2026” presentado o pasado venres por EAPN-Galicia revela que 600.000 persoas están en risco de pobreza e/ou exclusión social na comunidade galega, o que supón un incremento respecto ao ano pasado.

👥 O documento reflicte, entre outros moitos datos, que este incremento afecta especialmente á poboación moza e que a vivenda segue a ser o principal factor de empobrecemento.

➡️ Antes estes preocupantes datos, cómpre activar medidas como a modificación da Lei de Inclusión Social ou atallar a emerxencia da vivenda, entre outras, tal e como se destacou no acto celebrado na sede do Consello Social e Económico (CES) de Galicia.

ℹ️ Toda a información, incluido o informe completo, na web de EAPN Galicia 👇
https://eapn-galicia.com/es/galicia-perde-impulso-na-reducion-da-pobreza-tras-os-avances-despois-da-pandemia/

16/10/2026

📣600.000 persoas en Galicia están en risco de pobreza e/ou exclusión social, subindo 3,3 puntos a taxa AROPE (persoas en situación ou risco de pobreza ou exclusión social) con respecto ao ano pasado.

Así o revela o XVI informe 'O Estado de Pobreza en Galicia 2026' presentado hoxe no Consello Económico e Social de Galicia.

👥Este incremento afecta especialmente a poboación moza: o 27,6% de mozos e mozas entre 18 e 29 anos están en risco de pobreza e exclusión social.

🏠 A vivenda segue a ser principal factor de empobrecemento: un 47,1% de persoas que viven de alugueiro están en risco de pobreza fronte a un 15,7% que viven en propiedade

⚖ O Estado de Benestar evitou que 747.000 persoas entrasen na pobreza.

🎯Urxe acatar medidas como
🔹 A modificación da Lei de Inclusión Social
🔹O apoio ás familias monoparentais: 35.000 persoas en situación de pobreza
🔹Medidas específicas para a mocidade
🔹atallar a emerxencia da vivenda: retos na redución da pobreza e a crecente

🌼Tamén é imprescindible condenar os discursos de odio que alentan á violencia e criminalizan ás persoas en pobreza para poder avanzar en políticas sociais.

➕ info: https://eapn-galicia.com/es/galicia-perde-impulso-na-reducion-da-pobreza-tras-os-avances-despois-da-pandemia/
📊Informe completo: https://eapn-galicia.com/wp-content/uploads/2026/10/Informe-Estado-da-Pobreza-en-Galicia-2026.pdf

🌟 Esta mañá celebramos no Hotel Puerta del Camino de Santiago a sexta edición dos nosos Cafés con Aroma a Economía Socia...
15/10/2026

🌟 Esta mañá celebramos no Hotel Puerta del Camino de Santiago a sexta edición dos nosos Cafés con Aroma a Economía Social, unha proposta coa que queremos contribuír á visibilización do noso sector e que, unha vez máis, volveunos deixar un excelente sabor de boca.

🌎 O diálogo, as reflexións e as inquedanzas arredor do novo escenario xeopolítico internacional nutriron unha xornada que volveu ser, como de costume, tremendamente inspiradora.

🗣️ Para o ForoESGal, como organizador, foi un auténtico luxo poder contar, como relator principal, con Miguel Otero, investigador no Real Instituto Elcano e profesor e director na IE University.

👥Trala súa intervención, participou ademais nunha mesa redonda con outros tres grandes coñecedores da economía social como son Carlos Lozano, coordinador da área de Relacións Internacionais de CEPES; Celso Gándara, represente do ForoESGal en CEPES; e Ana Olveira, presidenta de EspazoCoop e vicepresidenta 2ª do ForoESGal, que moderou a actividade.

➡️ Desde o eido institucional, o delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco; a alcaldesa do Concello de Santiago, Goretti Sanmartín; e a secretaria xeral de Emprego e Relacións Laborais da Conselleria de Emprego, Comercio e Emigración (que colaborou na cita), Susana Pérez, coincidiron á hora de destacar o importante papel da nosa fórmula empresarial na consecución dunha economía máis xusta, cohesionada e ligada ao territorio.

🤝 O presidente do ForoESGal, Mino Martínez, foi o encargado de dar a benvida a todas as persoas asistentes a un acto que tamén incluíu a intervención de Manuel Varela, presidente de Caixa Rural Galega, entidade que, un ano máis, arroupounos como patrocinador.

💙 Desde o ForoESGal queremos dar as grazas a todas as persoas que esta mañá quixestes contribuír, coa vosa presenza, a seguir construíndo unha sociedade máis xusta e solidaria que, como fai a Economía Social, poña as persoas no centro de toda actividade. 🥰

Grazas, de corazón, por acompañarnos nesta marabillosa VI edición dos Cafés con Aroma a Economía Social. 😊

Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias, Agaca
AEIGA Asociación de Empresas de Inserción de Galicia
Aesgal
Cegasal
Espazocoop Unión de Cooperativas Galegas
Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
Rede Eusumo - Economía Social de Galicia
Caixa Rural Galega

Delegación del Gobierno en Galicia
Pazo de Raxoi

📢 Xa non queda nada para g***r dunha nova edición, a sexta, dos 𝖢𝖠𝖥É𝖲 𝖢𝖮𝖭 𝖠𝖱𝖮𝖬𝖠 𝖠 𝖤𝖢𝖮𝖭𝖮𝖬Í𝖠 𝖲𝖮𝖢𝖨𝖠𝖫.📅 Mañá, entre as 10.00...
14/10/2026

📢 Xa non queda nada para g***r dunha nova edición, a sexta, dos 𝖢𝖠𝖥É𝖲 𝖢𝖮𝖭 𝖠𝖱𝖮𝖬𝖠 𝖠 𝖤𝖢𝖮𝖭𝖮𝖬Í𝖠 𝖲𝖮𝖢𝖨𝖠𝖫.

📅 Mañá, entre as 10.00 e as 12.00 horas, xuntarémonos no 📌Hotel Puerta del Camino de Santiago para compartir ideas, experiencias e inquedanzas arredor do noso sector.

🗣️ Será un diálogo aberto no que reflexionar sobre o presente e o futuro da Economía Social, do seu potencial e dos seus principais desafíos ante o novo escenario xeopolítico internacional.

🌟 Un encontro para seguir impulsando proxectos de cambio para acadar unha sociedade cada vez máis xusta, inclusiva e igualitaria.

🤝O programa impulsado desde o conta coa colaboración da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e co patrocinio de Caixa Rural Galega.

Agardámosvos! 💙

Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias, Agaca
AEIGA Asociación de Empresas de Inserción de Galicia
Aesgal
Cegasal
Espazocoop Unión de Cooperativas Galegas
Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
Rede Eusumo - Economía Social de Galicia
Caixa Rural Galega

Delegación del Gobierno en Galicia
Pazo de Raxoi

📢 📅 Dentro dunha semana, o vindeiro xoves 15, volveremos g***r dunha nova edición, a sexta, dos Cafés con aroma a Econom...
08/10/2026

📢 📅 Dentro dunha semana, o vindeiro xoves 15, volveremos g***r dunha nova edición, a sexta, dos Cafés con aroma a Economía Social, unha cita coa que desde o queremos promover a reflexión e o diálogo aberto arredor da .

✅ O programa volverá contar, un ano máis, coa colaboración da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración así como de Caixa Rural Galega, que un ano máis nos acompaña como patrocinador.

🗣️ Como xa vos adiantabamos hai uns días, a xornada permitirá abordar o presente e futuro da Economía Social a través da participación de expertos como Miguel Otero, Carlos Lozano, Celso Gándara e Ana Olveira.

👥 Acompañarannos tamén Manuel Varela, presidente de Caixa Rural Galega; Goretti Sanmartín, alcaldesa do Concello de Santiago; e Susana Pérez Iglesias, secretaria xeral de Emprego e Relacións Laborais da Xunta.

🌟 Un marabilloso cartel para poder abordar, desde diferentes perspectivas, os retos e desafíos do sector ante o novo escenario xeopolítico internacional, eixo do programa deste ano.

O presidente do Foro, Mino Martínez, será o encargado de abrir o acto, que terá como sede o Hotel Puerta del Camino de Santiago, para dar a benvida a todas as persoas asistentes, coas que agardamos g***r dunha enriquecedora e inspiradora xornada. 💙

Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias, Agaca
AEIGA Asociación de Empresas de Inserción de Galicia
Aesgal
Cegasal
Espazocoop Unión de Cooperativas Galegas
Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
Caixa Rural Galega
Rede Eusumo - Economía Social de Galicia
Pazo de Raxoi


🚌🚈 O uso do transporte público é inferior ao 5% nas poboacións de menos de 50.000 habitantes, superando o 10% nas que te...
06/10/2026

🚌🚈 O uso do transporte público é inferior ao 5% nas poboacións de menos de 50.000 habitantes, superando o 10% nas que teñen un número maior de residentes. Constátase ademais unha baixa participación do transporte público na mobilidade global de máis de 500 m de Galicia (nos últimos anos entre 3,01% e 3,54%).

✅ Estas son algunhas das conclusións do informe “Nova mobilidade en Galicia” elaborado por investigadores da Universidade da Coruña baixo o encargo do Consello Económico e Social de Galicia (CES), en cuxa sede tivo lugar onte unha mesa redonda para coñecer os resultados do devandito traballo.

👥 A sesión, que contou, entre outras persoas, coa asistencia de Mar Pernas, representante do sector da Economía Social no CES, incluíu a intervención da directora xeral de Mobilidade da Xunta, Judit Fontela, que defendeu a necesidade de seguir avanzando cara unha mobilidade sostible, eficiente e vertebrada do territorio.

ℹ️ Compartimos a nova publicada pola Xunta 👇
https://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/029135/xunta-defende-unha-mobilidade-sostible-eficiente-vertebradora-territorio

Xunta de Galicia
Universidade da Coruña
Galicia

🌟A   convértese nunha excelente ferramenta para promover o desenvolvemento sostible no medio rural a través da creación ...
05/10/2026

🌟A convértese nunha excelente ferramenta para promover o desenvolvemento sostible no medio rural a través da creación de emprego de calidade vinculado ao territorio.

➡️ Así quedou de manifesto, unha vez máis, na xornada organizada o pasado sábado polo Ministerio de Traballo e Economía Social en San Román dos Cervantes (Ancares, Lugo).

✅ O encontro permitiu coñecer de primera man os retos e oportunidades do sector nos territorios do ámbito rural, nos que favorece, entre outras cousas, a fixación de poboación.

👥 A cita contou coa intervención, entre outras persoas, da ministra de Traballo e Economía Social, Yolanda Díaz, que reivindicou o valor solidario e democrático da Economía Social como motor social e laboral; e da directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social da Xunta, Marta Mariño, que destacou o gran potencial desta fórmula económica.

🗣️ Entre a ampla lista de relatores inclúiuse tamén Ana Olveira, presidenta de EspazoCoop, entidade socia do ForoESGal.

Deixámosvos por aquí os enlaces ás novas do Ministerio e da Xunta relativas ao encontro 👇

ℹ️ https://prensa.mites.gob.es/webPrensa/listado-noticia/noticia/4571
ℹ️ https://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/029102/xunta-pon-valor-cervantes-potencial-economia-social-para-fixar-poboacion-rural

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
Ministerio de Trabajo y Economía Social
Espazocoop Unión de Cooperativas Galegas

📢 O Ministerio de Traballo e Economía Social celebrará este sábado (de 9.30 a 15.30 horas) en San Román de Cervantes (Os...
01/10/2026

📢 O Ministerio de Traballo e Economía Social celebrará este sábado (de 9.30 a 15.30 horas) en San Román de Cervantes (Os Ancares, Lugo) unha interesante xornada arredor da en contornas rurais de reto demográfico.

✅ Trátase de reunir ao sector para dialogar e intercambiar ideas e reflexións no marco da aposta da administración por impulsar a como ferramenta de desenvolvemento sostible no medio rural.

👥 A cita contará, entre moitas outras persoas, coa participación da ministra de Traballo e Econmomía Social, Yolanda Díaz, e do recoñecido director de cine galego Oliver Laxe.

➡️ O evento permitirá ademais coñecer iniciativas que están contribuíndo á creación de emprego, o mantemento de servizos e a fixación de poboación en comarcas afectadas pola despoboación, poñendo en valor o papel da economía social. ✨

👉 Inscricións dispoñibles a través do seguinte formulario 👇
https://forma.administracionelectronica.gob.es/form/open/corp/0089b4bf-af1d-4907-9e85-b0e682d2cd06/NJSV?_mrMailingList=1356&_mrSubscriber=7459&utm_campaign=&utm_medium=email&utm_source=mailing1356

Ministerio de Trabajo y Economía Social

Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias, Agaca
AEIGA Asociación de Empresas de Inserción de Galicia
Aesgal
Cegasal
Espazocoop Unión de Cooperativas Galegas

Dirección

Santiago De Compostela

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Foroesgal publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir