26/10/2026
💙🩵Esta Concellería de Normalización Lingüística e Igualdade ven de distribuir no Mes das Bibliotecas, exemplares do Libro " Peixes e Outra Fauna Mariña", de A Mesa pola Normalización Lingüística entre todas as crianzas de Educación Infantil, dos centros de ensino do concello.
👩🏽🧒👨🦰👧🏼Trátase de achegar aos fogares desta vila mariñeira, este libriño tan significativo, con nomes da Fauna Mariña. Dando así, a coñecer o noso rico vocabulario, dun xeito atractivo para as crianzas e as súas familias.
👅Fomentando deste xeito o uso da nosa lingua e que isto supoña a lingua vehicular Interxeracional no seo familiar.