María FERREIRÓS - Estudio

María FERREIRÓS - Estudio Estudio de Arquitectura Técnica especializado en bioconstrución, rehabilitación e intervencións Arquitecta Técnica da ARI do Conxunto Histórico de Tui. Poio.

Arquitecta Técnica da ARI do Conxunto Histórico de Combarro.

Barro+palla
16/08/2024

Barro+palla

06/04/2023


O FALSO MITO DE QUE EN GALICIA AS CASAS ERAN DE PEDRA VISTA
Cando as fachadas sempre foron brancas

“O cal mantén a casas máis quente en inverno e máis fría en verán. O uso da pedra nas fachadas foi un proceso progresivo que comezou na primeira parte do século XX” (Miguel Ángel Cajigal)

Pasear polas rúas dunha Compostela laberíntica é fundirse coa historia, pero tamén coa chuvia miúda que de cando en cando molla a pedra.

O mesmo material solemne, xa un símbolo da identidade e arquitectura galegas, co que están construídas as casas, as igrexas e demais edificios do centro histórico de Santiago. Esa pedra que tamén adorna os núcleos de Vigo, A Coruña, Betanzos, Muros e demais vilas galegas sempre estivo aí, pero non da mesma maneira.

Aínda que custe imaxinalo, hai 100 anos moitas das casas que hoxe deixan a pedra á vista eran, en realidade, brancas. “Hai fotos antigas onde Santiago parece Córdoba, así a simple vista”, di o historiador da arte Miguel Ángel Cajigal Vera, máis coñecido na súa faceta de divulgador como El Barroquista.

A cor branca adoita identificarse coas vilas do sur peninsular, sendo un sinal indiscutible das casas andaluzas. Pero tamén das galegas. Polo menos, ata hai 100 anos. Segundo explica o experto, o cal utilizábase antigamente para cubrir as fachadas e os interiores dos edificios.

“Durante moitos séculos cumpriu unha función hixiénica. Incluso as igrexas, colexiatas e catedrais estaban caleadas”, apunta Cajigal Vera. Esa era a tendencia que se mantivo durante centos de anos, ata que cambiaron as normas estéticas entre finais do século XIX e comezos do XX, cando a pedra relevou o cal na fachada dos edificios.

Aínda así, perviven exemplos en Galicia desa vella tendencia. É o caso da igrexa de Santa María de Nogueira de Miño, en Chantada. “Debaixo do cal orixinal apareceron pinturas. Facíanse frescos e logo cubríanse de branco”, apunta o historiador, dando conta do habitual que era esta práctica.

Por que se usaba o caleado?

A cuestión hixiénica era un dos principais motivos polos que as fachadas se pintaban de branco. “Descoñezo a parte científica pero é certo que o cal se empregaba moito nos enterramentos das persoas, para matar bechos…”, engade o divulgador. Ademais diso, outra das razóns de peso era a climática.

“Coa pintura plástica que se emprega agora aparecen as humidades pero o cal si que ten certa capacidade de transpirar o edificio. En resumidas contas, mantén as casas máis quentes en inverno e máis frías en verán”, expón Cajigal Vera. Malia a súa importancia para o illamento dos edificios, o uso do cal tiña un gran inconveniente: a chuvia.

Mentres que en Andalucía e nas zonas do levante o caleado tiña un mantemento menos en constante, en Galicia había que botar cal cada ano ou, cada pouco tempo, retellar. E ese puido ser un dos motivos polos que se abandonou esta práctica.

“Foi un proceso progresivo que comezou na primeira parte do século XX. De feito, os centros históricos de Galicia aínda tiñan paredes brancas a finais do XIX”, continúa explicando o historiador. Un dos motivos polos que a pedra substituíu a cor branca foi, en palabras de Cajigal Vera, a pobreza.

“Calear implicaba un gasto e un mantemento constante”, di o historiador. Algo que, por tanto, non todos os petos se podían permitir. Pero máis alá do argumento económico, tamén había un estético. A partir do século XIX, a pedra comeza a asociarse coa riqueza e coa solemnidade. Algo que se consolida durante o Franquismo.

“Nesa época hai unha tendencia historicista. En Compostela hai moitos edificios neobarrocos, como o do Banco de España. Todo está feito en pedra por fóra, para que se vexa o granito, aínda que por dentro teña cemento”, sostén Cajigal Vera.

Polo tanto, nese primeiro terzo do século XX “buscábase manter a solemnidade do espazo en España”.

Outro destes exemplos é o edificio de Correos, tamén en Compostela. “Ten pedra pero tamén moito muro branco porque están escondendo cemento. Non se podía deixar á vista seguindo os postulados da arquitectura historicista”, engade o experto. Amais disto, outro dos aspectos que reforzan o mantemento de edificios en pedra é o impacto do turismo.

“Son construcións que gustan porque saen do normal. Nos barrios residenciais, as casas están pintadas. Cando as ves feitas de pedra xa tes unha diferenciación; como se fose un pedigree de antigüidade”, sostén Cagijal Vera.

Recuperar a cor branca

Os beneficios do cal, sobre todo no que respecta ao aspecto climático e á súa mellora na conservación dos edificios, reforzan a súa recuperación. De feito, no centro histórico de Santiago xa se fixeron dúas intervencións con ese obxectivo: volver ao antigo e pintar a fachada de branco para tapar a pedra.

Así o explica El Barroquista, mencionando o caso da Facultade de Filosofía, na Praza de Mazarelos, e o do Museo do Pobo Galego, en San Domingos de Bonaval. “Quíxose recuperar o recubrimento da fachada tradicional porque fai que o edificio se deteriore menos e o interior sexa máis habitable”, aduce o experto.

De todas formas, estes dous exemplos non significan, en ningún caso, que o recubrimento con cal se queira recuperar en todos os edificios de pedra. “Só se faría na medida do posible pero hai algúns casos que se exclúen porque sería moi extraño”, di Cajigal Vera.

Por exemplo, pasear pola rúa do Vilar, tamén no centro histórico de Santiago, coas fachadas brancas de hai 80 anos resultaría, cando menos, sorprendente. Malia o choque cultural, o historiador lembra que nesa mesma rúa se caleaban os soportais. Sobre todo as roscas do arco, a parte máis dedicada ao tránsito, mentres que as fachadas quedaban coa pedra á vista.

“O inconveniente do caleado é que precisa mantemento. Ademais, se o ves de preto xera certa irregularidade. Non queda plano e, en xeral, a nosa estética valora máis o regular, o aspecto acabado. O cal non deixa ver un aspecto tradicional”, apunta El Barroquista.

SEGUIR LENDO: https://www.gciencia.com/retro/o-falso-mito-das-casas-galegas-de-pedra-cando-os-muros-eran-brancos/

Entradas ➡️ 🇧🇪 Bruxelas,   Nouveau 🧡🌊Rinlo,   Popular 💚
05/12/2022

Entradas ➡️
🇧🇪 Bruxelas, Nouveau 🧡
🌊Rinlo, Popular 💚

02/12/2022
26/08/2022

A Xunta avanza a publicación dunha convocatoria de axudas para impulsar o uso da madeira no eido da construción

“Cuando el diseñador, artista e inventor italiano regresó de un largo viaje en Japón anotó las razones prácticas que con...
24/08/2022

“Cuando el diseñador, artista e inventor italiano regresó de un largo viaje en Japón anotó las razones prácticas que convertían la vivienda japonesa de madera y papel en un lugar de bienestar. A partir de ahí reflexionó sobre cómo vivimos en Occidente”.

Cuando el diseñador, artista e inventor italiano regresó de un largo viaje en Japón anotó las razones prácticas que convertían la vivienda japonesa de madera y papel en un lugar de bienestar. A partir de ahí reflexionó sobre cómo vivimos en Occidente

O dilema entre a conservación do patrimonio e a  colocación de placas solares, un debate recurrente nos entornos protexi...
10/08/2022

O dilema entre a conservación do patrimonio e a colocación de placas solares, un debate recurrente nos entornos protexidos e Conxuntos Históricos.

Os residentes nestes entornos non poden quedar rezagados ou excluídos de servizos que cada día se fan máis imprescindibles, e incluso en determinadas normativas, obrigatorios.

Precísase dun debate profundo e solucións por parte de Patrimonio, concellos e técnic@s.

Un informe técnico del Concello señala que las obras serían frente a un “hórreo protexido” y que no resultarían “harmoniosas”, introduciendo un “elemento deturpador”.La Dirección Xeral de Pa ...

26/03/2022

“Las mujeres tenemos que estar en todos los ámbitos y sectores clave de la economía española”, reclamaba Leonor Muñoz, vicepresidenta del CGATE. El 79% de los arquitectos técnicos españoles colegiado

25/11/2021
20/11/2021

🌊 Tsunami en la rehabilitación. Europa ha marcado unos ambiciosos objetivos de viviendas a rehabilitar energéticamente y para ello va a destinar una inversión pública en forma de ayudas que multiplica por 10 los programas de ayudas que hemos visto hasta ahora.
✍🏼 Juan López-Asiain, de nuestro Gabinete Técnico, analiza estas ayudas y los dos reales decretos que el Gobierno de España ha publicado y que establecen los diferentes programas de ayudas y nuevos instrumentos, como el Libro del Edificio Existente.

📘Lee el artículo completo en la revista Cercha https://cercha.publicaciones-digitales.com/.150/ =20

23/10/2021

Dirección

Valga
36646

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando María FERREIRÓS - Estudio publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Empresa

Enviar un mensaje a María FERREIRÓS - Estudio:

Compartir