Galp Ría De Arousa

Llamar Cómo llegar Página web Contactar con la empresa

Galp Ría De Arousa O Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro Ría de Arousa é unha asociación que fomenta o crecemento económico, social e laboral no sector do mar de Arousa

Comezamos cos encontros informativos sobre o proxecto formativo e de emprendemento “Feito co Mar”, un proxecto para fome...
31/10/2026

Comezamos cos encontros informativos sobre o proxecto formativo e de emprendemento “Feito co Mar”, un proxecto para fomentar o emprendemento a través da transformación do produto pesqueiro mediante elaboracións de peixes e mariscos como conservas, salgados, afumados, adubados, desecados, patés e pratos elaborados, poñendo o foco especialmente en prácticas artesanais.

A fotografía recolle o inicio do encontro realizado onte na Praza de Abastos de Ribeira para os representantes do sector pesqueiro.

O GALP Ría de Arousa participa na Sesión Técnica da REGP 2026 en Madrid 🐟Onte, 29 de outubro, a xerente do Galp Ría de A...
30/10/2026

O GALP Ría de Arousa participa na Sesión Técnica da REGP 2026 en Madrid 🐟

Onte, 29 de outubro, a xerente do Galp Ría de Arousa, Rosa Carballo e o presidente, Miguel Ángel Iglesias Romero desprazáronse ata Madrid para asistir a Sesión Técnica da REGP 2026, no salón de actos do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación en Madrid xunto cos representantes dos GALP Galegos.

Este encontro foi unha oportunidade para poñer en común experiencias e boas prácticas, así como para abordar cuestións, situacións ou dificultades de interese para os grupos.

Onte, martes 27 de outubro, celebrouse na sala Eisenman da Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela, o acto de claus...
28/10/2026

Onte, martes 27 de outubro, celebrouse na sala Eisenman da Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela, o acto de clausura do proxecto Relevo Xeracional: O Futuro do Mar, unha xornada para facer balance dun ano de traballo destinado a achegar a mocidade ao sector marítimo-pesqueiro⚓️

🗣️ O encontro reuniu máis de 80 persoas entre representantes institucionais, profesionais do sector marítimo-pesqueiro, centros de formación e entidades colaboradores, que compartiron experiencias e reflexións sobre os retos e as oportunidades do relevo xeracional.

A apertura institucional contou coa participación de Marta Villaverde Acuña, conselleira do Mar; Miguel Ángel Iglesias Romero, presidente do GALP Ría de Arousa e Patrón Maior da Confraría de Pescadores de Rianxo; e Ángeles Vázquez Suárez, directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro. A mesa estivo moderada por Rosa Carballo Martínez, xerente do GALP Ría de Arousa.

Ao longo deste ano, o proxecto desenvolveu actividades en 25 centros educativos, coa participación de 998 alumnos e alumnas, co obxectivo de dar a coñecer a realidade do sector marítimo-pesqueiro e as súas posibilidades profesioais dun xeito próximo e práctico.

A xornada incluíu tamén unha mesa redonda sobre boas prácticas para favorecer o relevo xeracional, na que participaron Francisco Xavier Doporto Santos, do IES Isaac Díaz Pardo de Sada; Juan Domingo da Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ribeira; e María Calvo Tarrío, de Arenaria Coordinación S.L.U

O acto rematou coa proxección do vídeo promocional do proxecto e cunha degustación de produtos do mar.

🌊 RELEVO XERACIONAL: O FUTURO DO MAR é unha iniciativa de cooperación dos oito Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) de Galicia, coordinada polo GALP Ria de Arousa e desenvolvida en colaboración co GALP vasco Itsas Garapen Elkartea. Conta co financiamento da Consellería do Mar, no marco do Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA)

🌊 Queres aprender a elaborar produtos de peixes e mariscos como conservas, salgados, afumados, patés, desecados e moitos...
28/10/2026

🌊 Queres aprender a elaborar produtos de peixes e mariscos como conservas, salgados, afumados, patés, desecados e moitos outros? Gustaríache emprender no sector da transformación do produto pesqueiro?

⚓️ O GALP Ría de Arousa convídate a participar nos encontros informativos de Feito co Mar, un proxecto para fomentar o emprendemento a través da transformación do produto pesqueiro. 💡 Estamos a traballar na posta en marcha de Viveiros Formativos de Emprendemento, que contarán con dous programas en 2027.

Nestes encontros informativos poderás:
📌 Coñecer a programación detallada e datas dos Viveiros Formativos.
📌 Saber en que consisten os Espazos de Traballo Colaborativo como modelos de emprendemento, con exemplos prácticos.
📌 Aclarar dúbidas, compartir ideas e reservar a túa praza nos Viveiros.�

Calendario completo de encontros:
📅 Ribeira. Praza de Abastos. Encontro co sector pesqueiro�Venres 30/10/2026 ás 17:00
📅 Boiro. Viveiro Emprendedor (Parque Empresarial Espiñeira, 20)�Venres 30/10/2026 ás 19:30
📅 Cambados. Exposalnés (Paseo Calzada, 1)�Luns 2 de novembro ás 18:00
📅 Vilanova de Arousa. Pazo Vista Real (Camiño de Boutrín, 7)�Martes 3 de novembro ás 12:30

ℹ️ Máis información e contacto: i.gal/feitocomar �Correo: [email protected] �Teléfono: 627 570 950

🌊 O proxecto Relevo Xeracional: O Futuro do Mar achega as profesións do mar á mocidade en EDUGAL 2026🐠 A directora xeral...
22/10/2026

🌊 O proxecto Relevo Xeracional: O Futuro do Mar achega as profesións do mar á mocidade en EDUGAL 2026

🐠 A directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Ángeles Vázquez Suárez, visitou este xoves, 22 de outubro, o stand de Releve Xeracional: O Futuro do Mar en EDUGAL 2026, acompañada por representantes dos GALP Galegos e do IGAFA, entre eles Rosa Carballo, xerente do GALP Ría de Arousa.

👉 A participación nesta feira educativa permite achegar á comunidade educativa as oportunidades formativas e laborais do sector marítimo-pesqueiro, resolver dúbidas e dar a coñecer os diferentes itinerarios formativos vinculados ás profesións do mar.

Participar en espazos como EDUGAL é fundamental para espertar o interese da mocidade e contribuír a que vexa o mar como unha oportunidade profesional e unha opción de futuro.

📍 EDUGAL 2026 do 21 ao 23 de outubro no Recinto Ferial de Pontevedra. O horario do venres será de 10 a 14h. Esperámoste no noso stand🤩

Relevo Xeracional: O Futuro do Mar é unha iniciativa de cooperación dos oito GALP Galegos, coordinada polo GALP Ría de Arousa, en colaboración co GALP vasco Itsas Garapen Elkartea e financiada pola Consellería do Mar, no marco do Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA)

Relevo Xeracional: O Futuro do Mar achega dous alumnos do IES Félix Muriel ao traballo nunha embarcación bateeira.Ezequi...
21/10/2026

Relevo Xeracional: O Futuro do Mar achega dous alumnos do IES Félix Muriel ao traballo nunha embarcación bateeira.

Ezequiel e Efrén coñecerán de primeira man a actividade profesional do sector mexilloeiro nunha xornada de embarque no porto de Rianxo.

O embarque realizarase mañá, xoves 22 de outubro, a partir das 06:30 horas, con saída desde o Porto de Rianxo. Os participantes serán Ezequiel e Efrén, alumnos do IES Félix Muriel de Rianxo, que vivirán esta experiencia a bordo da embarcación 'O Barreiras', patroneada por Román Fungueiro.

Durante a mañá, os dous mozos poderán compartir tempo coa tripulación e achegarse ás tarefas propias dunha embarcación vinculada ao cultivo do mexillón, coñecendo de primeira man as características dunha actividade fundamental para a economía e a identidade das rías galegas.

Os embarques constitúen unha das accións máis destacadas do proxecto Relevo Xeracional: O Futuro do Mar, xa que permiten á mocidade vivir experiencias directas xunto aos profesionais do sector, coñecer as distintas actividades marítimo-pesqueiras e descubrir as oportunidades laborais que ofrece o mar.

O proxecto está impulsado conxuntamente polos oito GALP de Galicia, coordinado polo GALP Ría de Arousa e coa colaboración do GALP vasco Itsas Garapen Elkartea. A iniciativa busca fomentar o relevo xeracional no sector marítimo-pesqueiro, achegar a mocidade á realidade destas profesións e promover a Formación Profesional Dual como unha vía de acceso a un emprego cualificado e con futuro.

🐠 Comezamos coa última sesión dos obradoiros de 'Batchcooking' en Ribeira. O Galp Ría de Arousa organizou estos cursos p...
20/10/2026

🐠 Comezamos coa última sesión dos obradoiros de 'Batchcooking' en Ribeira. O Galp Ría de Arousa organizou estos cursos prácticos para ensinar a organizar as sesións de cociñado para toda a semana, unha actividade dentro do proxecto Pesca Saúde.

👉 Esta tarde os asistentes aprenderán novas receitas e técnicas de cociñado para sacarlle o máximo partido aos produtos do mar, aprendendo trucos para optimizar o tempo na cociña e reducir o desperdicio alimentario.

🧑‍🍳👩‍⚕️ As persoas encargadas de dirixir este obradoiro son o cociñeiro Miguel Mosteiro, e a nutricionista de Arela Saúde, Valeria Freijedo.

Ao obradoiro asistiron a xerente do GALP Ría de Arousa, Rosa Carballo, e o Concelleiro do Mar e percebeiro na Cofraría de Aguiño.

Pesca Saúde é un proxecto de cooperación promovido polos GALP Galegos. Alíase coa Estratexia Galega de Saúde Comunitaria 2023-2027 no seu compromiso para o fortalecemento da saúde da poboación e conta co apoio da Dirección Xeral de Saúde Pública (Subdirección Xeral de Estilos de Vida Saúdables) da Consellería de Sanidade.

Pesca Saúde, O mar faiche ben🐟

Hoxe finalizamos as sesións de batchcooking do proxecto Pesca Saúde en Vilagarcía cun obradoiro da man do cociñeiro Migu...
20/10/2026

Hoxe finalizamos as sesións de batchcooking do proxecto Pesca Saúde en Vilagarcía cun obradoiro da man do cociñeiro Miguel Mosteiro e con Valeria Freijedo, nutricionista de Arela Saúde🧑‍🍳👩‍⚕️

🐟 Unha xornada na que os participantes aprenderon receitas e técnicas sinxelas para cociñar produtos do mar sin perder sabor nin propiedaes, chaves para saber que especies se conservan mellor na naveira ou no conxelador, e trucos para optimizar o tempo na cociña e reducir o desperdicio alimentario.

Unha xornada na que estivo presente a xerente do GALP Ría de Arousa, Rosa Carballo, acompañada de Álvaro Carou, Concelleiro de Turismo e Promoción Económica do Concello de Vilagarcía e Moisés Campos, en representación da Lonxa de Carril.

Pesca Saúde é un proxecto de cooperación promovido polos GALP Galegos. Alíase coa Estratexia Galega de Saúde Comunitaria 2023-2027 no seu compromiso para o fortalecemento da saúde da poboación e conta co apoio da Dirección Xeral de Saúde Pública (Subdirección Xeral de Estilos de Vida Saúdables) da Consellería de Sanidade.

Congreso Internacional de Pesca Turísmo: dentro do programa participou a Xerente do Galp Ría de Arousa, Dña. Rosa Carbal...
19/10/2026

Congreso Internacional de Pesca Turísmo: dentro do programa participou a Xerente do Galp Ría de Arousa, Dña. Rosa Carballo Martínez. Na xornada inicial presentando e moderando a mesa do "Marco normativo do turismo mariñeiro e pesca turismo en Europa" contando como ponentes co Subdirector Xeral de Sostenibilidade Económica e Asuntos Sociais (MAPA) D. Manuel Pablos e ao Subdirector Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, D. Diego de Nóvoa Fernández (Consellería do Mar).

Ao día seguinte, a Xerente do GALP Ría de Arousa realizou tamén a presentación dos participantes do sector para expoñer proxectos de pesca turismo e turismo mariñeiro. En total presentáronse 11 proxectos procedentes de Galicia e do resto de España e Europa.

🐟🥗 Obradoiros de ‘Batchcooking’ de Pesca Saúde. Queres comer de forma máis saudable, aforrar tempo na cociña e incorpora...
13/10/2026

🐟🥗 Obradoiros de ‘Batchcooking’ de Pesca Saúde. Queres comer de forma máis saudable, aforrar tempo na cociña e incorporar produto pesqueiro á túa dieta? O GALP Ría de Arousa organiza cursos prácticos no que aprenderás a organizar sesións de cociñado para toda a semana.

👨‍🍳👩‍⚕️ Aprende co cociñeiro Miguel Mosteiro, con Valeria Freijedo, nutricionista de Arela Saúde.

🍲 Ensinarémosche receitas e técnicas sinxelas para cociñar produtos do mar sen perder sabor nin propiedades, chaves para saber que especies se conservan mellor na neveira ou no conxelador, e trucos para optimizar o tempo na cociña e reducir o desperdicio alimentario.

🎁 As persoas participantes recibirán un receitario, unha guía de consellos e información nutricional, así como un mandil e unha bolsa da compra exclusiva feita con redes e plásticos reciclados elaborada pola Asociación de Redeiras de Cariño en colaboración coa Aula Sostible do Freixo (Outes).

📍Vilagarcía, luns 19 e martes 20 de outubro de 10 a 14h
Praza de Abastos (Aula cociña da cafetería)
📍Ribeira, luns 19 e martes 20 de outubro de 17 a 21h
Praza de Abastos (Aula de cociña)

🎟️ Prezo: Gratuíto (prazas limitadas).
👉 Reserva a túa praza canto antes en pescasaude.gal ou no 627 570 949

Dirección

Villagarcía De Arosa
36600

Horario de apertura

Lunes 09:00 - 17:00
Martes 09:00 - 14:00
Miércoles 09:00 - 14:00
Jueves 09:00 - 14:00
Viernes 09:00 - 14:00

Teléfono

+34986510953

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Galp Ría De Arousa publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con La Empresa

Enviar un mensaje a Galp Ría De Arousa:

Compartir

Ferreterías cercanos


Otros ferreterías en Vilagarcía de Arousa

Ver Todo