Atoupa Cooperativa

Cómo llegar Contactar con la empresa

Atoupa Cooperativa Somos una consultoría dedicada al diseño y evaluación de políticas sociales y a la investigación

Que ilusión ver no Progreso o estudo no que colaboramos con Acción contra el Hambre- Galicia! 😊⁣⁣Un traballo para escoit...
09/10/2026

Que ilusión ver no Progreso o estudo no que colaboramos con Acción contra el Hambre- Galicia! 😊⁣
⁣
Un traballo para escoitar a mocidade do sur de Lugo e coñecer que precisa para construír o seu futuro no territorio.⁣
⁣
Botádelle un ollo 👀 ao artigo 📰, que recolle cuestións moi interesantes! 👇

El 64,6% de la juventud encuestada en un estudio dice sentir apego por su tierra y un 44,9% desea vivir en ella, pero solo el 29,7% la ven idónea para sus pr...

Fai unhas semanas celebramos no Ies Daviña Rey de Monforte de Lemos unha xornada de devolución e contraste do estudo sob...
06/10/2026

Fai unhas semanas celebramos no Ies Daviña Rey de Monforte de Lemos unha xornada de devolución e contraste do estudo sobre as 𝗲𝘅𝗽𝗲𝗰𝘁𝗮𝘁𝗶𝘃𝗮𝘀 𝗱𝗲 𝗳𝘂𝘁𝘂𝗿𝗼 𝗲 𝗮 𝗶𝗻𝘁𝗲𝗻𝗰𝗶𝗼́𝗻 𝗺𝗶𝗴𝗿𝗮𝘁𝗼𝗿𝗶𝗮 𝗱𝗮 𝗺𝗼𝗰𝗶𝗱𝗮𝗱𝗲 𝗻𝗼 𝘀𝘂𝗿 𝗱𝗲 𝗟𝘂𝗴𝗼, realizado no marco do proxecto 𝘕𝘰𝘷𝘢𝘴 𝘙𝘶𝘳𝘢𝘭𝘪𝘥𝘢𝘥𝘦𝘴 de Acción contra el Hambre- Galicia 🌱

No encontro participaron alumnado do centro, persoas profesionais e entidades que traballan coa mocidade desde ámbitos como a educación, a orientación laboral, o emprego ou o emprendemento.

Foi unha ocasión para compartir o traballo realizado, recoller novas achegas e poñer en común reflexións sobre os retos que condicionan os proxectos de vida da xente nova no rural 💬

𝗠𝗮́𝗶𝘀 𝗮𝗱𝗶𝗮𝗻𝘁𝗲 𝗰𝗼𝗺𝗽𝗮𝗿𝘁𝗶𝗿𝗲𝗺𝗼𝘀 𝗼𝘀 𝗽𝗿𝗶𝗻𝗰𝗶𝗽𝗮𝗶𝘀 𝗿𝗲𝘀𝘂𝗹𝘁𝗮𝗱𝗼𝘀 𝗱𝗼 𝗲𝘀𝘁𝘂𝗱𝗼 📊

Coa colaboración da Fundación "la Caixa"

Despois de participar no 3er Congreso Mundial de Cidades e Comunidades Amigables da OMS, quedámonos pensando nunha idea....
01/10/2026

Despois de participar no 3er Congreso Mundial de Cidades e Comunidades Amigables da OMS, quedámonos pensando nunha idea. Para facer políticas de promoción do envellecemento activo e saudable non basta con impulsar actividades para as persoas maiores, é preciso 𝐜𝐫𝐞𝐚𝐫 𝐜𝐨𝐧𝐭𝐨𝐫𝐧𝐚𝐬 𝐚𝐦𝐢𝐠𝐚𝐛𝐥𝐞𝐬 𝐜𝐨 𝐞𝐧𝐯𝐞𝐥𝐥𝐞𝐜𝐞𝐦𝐞𝐧𝐭𝐨.

Trátase de escoitar ás persoas maiores, coñecer a a realidade de cada territorio, planificar as actuacións e avaliar os resultados. A metodoloxía do proxecto Cidades e Comunidades Amigables da OMS supón un marco ideal para levar a cabo este proceso, axudando ás administracións a establecer prioridades e orientar mellor os recursos dispoñibles.

No 𝐃𝐢́𝐚 𝐈𝐧𝐭𝐞𝐫𝐧𝐚𝐜𝐢𝐨𝐧𝐚𝐥 𝐝𝐚𝐬 𝐏𝐞𝐫𝐬𝐨𝐚𝐬 𝐌𝐚𝐢𝐨𝐫𝐞𝐬, queremos poñer o foco nesa forma de traballar: coas persoas maiores e a partir do que elas expresan que necesitan.

25/09/2026

🎥𝗤𝘂𝗲 𝘀𝗲 𝗱𝗶 𝗱𝗮 𝗺𝗼𝗰𝗶𝗱𝗮𝗱𝗲?⁣

O pasado 12 de setembro participamos en O Encontro, na Alameda de Santiago, unha xornada de debate, música, cultura e participación no marco de 𝗗𝗲𝗺𝗼𝗰𝗿𝗮𝗭𝗶𝗮 𝗰𝗼𝗻 𝗭, un proxecto promovido conxuntamente polo Consejo Juventud España - CJE e o 𝗖𝗼𝗺𝗶𝘀𝗶𝗼𝗻𝗮𝗱𝗼 𝗽𝗮𝗿𝗮 𝗹𝗮 𝗖𝗲𝗹𝗲𝗯𝗿𝗮𝗰𝗶𝗼́𝗻 𝗱𝗼𝘀 𝟱𝟬 𝗮𝗻𝗼𝘀 𝗱𝗲 𝗘𝘀𝗽𝗮ñ𝗮 𝗲𝗻 𝗟𝗶𝗯𝗲𝗿𝗱𝗮𝗱𝗲, que busca recuperar o espazo público como lugar de socialización democrática e reivindicar a mocidade como parte activa da vida política.⁣

En Galicia, este proceso ten tamén unha reivindicación clara, 𝗮 𝗰𝗿𝗲𝗮𝗰𝗶𝗼́𝗻 𝗱𝘂𝗻 𝗖𝗼𝗻𝘀𝗲𝗹𝗹𝗼 𝗱𝗮 𝗫𝘂𝘃𝗲𝗻𝘁𝘂𝗱𝗲 que permita ás entidades e á mocidade organizarnos, compartir demandas e ter unha voz colectiva.⁣�
Desde Atoupa, fomos unha das entidades participantes e quixemos poñer o foco nos discursos que recibimos sobre a mocidade e no que hai detrás deles. Fixémolo a través dun 𝙗𝙤𝙙𝙮 𝙢𝙖𝙥, construíndo colectivamente unha imaxe da mocidade a partir das etiquetas que se nos colocan e das experiencias que atravesan as nosas vidas.⁣

Unha mocidade á que se lle chama 𝘃𝗮𝗴𝗮, 𝗽𝗮𝘀𝗶𝘃𝗮 ou “𝗱𝗲 𝗰𝗿𝗶𝘀𝘁𝗮𝗹”, á que se lle cuestiona a capacidade de traballar e participar, e á que ao mesmo tempo se lle pide que levante o país e resolva o futuro. Todo isto mentres vivimos marcadas pola 𝗽𝗿𝗲𝘀𝗶𝗼́𝗻 𝗮𝗰𝗮𝗱𝗲́𝗺𝗶𝗰𝗮, 𝗮 𝗽𝗿𝗲𝗰𝗮𝗿𝗶𝗲𝗱𝗮𝗱𝗲, 𝗮𝘀 𝗱𝗶𝗳𝗶𝗰𝘂𝗹𝘁𝗮𝗱𝗲𝘀 𝗽𝗮𝗿𝗮 𝗮𝗰𝗰𝗲𝗱𝗲𝗿 𝗮́ 𝘃𝗶𝘃𝗲𝗻𝗱𝗮, 𝗮 𝗳𝗮𝗹𝘁𝗮 𝗱𝗲 𝘁𝗲𝗺𝗽𝗼 𝗲 𝘂𝗻𝗵𝗮𝘀 𝘃𝗶𝗱𝗮𝘀 𝗰𝗮𝗱𝗮 𝘃𝗲𝘇 𝗺𝗮́𝗶𝘀 𝗮𝗰𝗲𝗹𝗲𝗿𝗮𝗱𝗮𝘀.⁣�
Pero fronte a esa mirada tamén apareceu outra realidade. 𝗧𝗲𝗺𝗼𝘀 𝗴𝗮𝗻𝗮𝘀 𝗱𝗲 𝗳𝘂𝘁𝘂𝗿𝗼, 𝘁𝗲𝗺𝗼𝘀 𝗲𝘀𝗽𝗲𝗿𝗮𝗻𝘇𝗮 𝗲 𝗾𝘂𝗲𝗿𝗲𝗺𝗼𝘀 𝗽𝗮𝗿𝘁𝗶𝗰𝗶𝗽𝗮𝗿. E sabemos que para facelo precisamos condicións e espazos que o permitan.⁣

👉🏻 Dálle ao play e mira o vídeo para descubrir o que construímos colectivamente en O encontro.

Como facer posibles 𝘂𝗻𝘀 𝗰𝗼𝗶𝗱𝗮𝗱𝗼𝘀 𝗺𝗮́𝗶𝘀 𝗽𝗿𝗼́𝘅𝗶𝗺𝗼𝘀 𝗲 𝘀𝗼𝘀𝘁𝗶𝗯𝗹𝗲𝘀?⁣⁣No estudo que realizamos xunto a Espazocoop Unión de Coop...
24/08/2026

Como facer posibles 𝘂𝗻𝘀 𝗰𝗼𝗶𝗱𝗮𝗱𝗼𝘀 𝗺𝗮́𝗶𝘀 𝗽𝗿𝗼́𝘅𝗶𝗺𝗼𝘀 𝗲 𝘀𝗼𝘀𝘁𝗶𝗯𝗹𝗲𝘀?⁣
⁣
No estudo que realizamos xunto a Espazocoop Unión de Cooperativas Galegas analizamos as 𝗖𝗮𝘀𝗮𝘀 𝗻𝗶ñ𝗼, 𝗖𝗮𝘀𝗮𝘀 𝗱𝗼 𝗺𝗮𝗶𝗼𝗿 𝗲 𝘃𝗶𝘃𝗲𝗻𝗱𝗮𝘀 𝗰𝗼𝗹𝗮𝗯𝗼𝗿𝗮𝘁𝗶𝘃𝗮𝘀 𝘀𝗲́𝗻𝗶𝗼𝗿, as súas fortalezas, dificultades e as oportunidades que presentan para 𝗼 𝗰𝗼𝗼𝗽𝗲𝗿𝗮𝘁𝗶𝘃𝗶𝘀𝗺𝗼 𝗲 𝗮 𝗘𝗰𝗼𝗻𝗼𝗺í𝗮 𝗦𝗼𝗰𝗶𝗮𝗹.⁣
⁣
Falar de 𝗰𝗼𝗶𝗱𝗮𝗱𝗼𝘀 𝗱𝗲 𝗰𝗮𝗹𝗶𝗱𝗮𝗱𝗲 é falar das persoas que os reciben, das persoas que os prestan e de como nos organizamos para sostelos.⁣
⁣
No carrusel compartimos algunhas das 𝗽𝗿𝗶𝗻𝗰𝗶𝗽𝗮𝗶𝘀 𝗮𝗽𝗿𝗲𝗻𝗱𝗶𝘇𝗮𝘅𝗲𝘀 👆⁣
⁣
🔎 https://short.do/uVPudf
⁣
𝗖𝗼𝗻𝘀𝗼𝗹𝗶𝗱𝗮𝗰𝗶𝗼́𝗻 𝗱𝗼 𝗻𝗲𝘅𝗼 𝗲𝗻𝘁𝗿𝗲 𝗮 𝗘𝗰𝗼𝗻𝗼𝗺í𝗮 𝗱𝗼𝘀 𝗖𝗼𝗶𝗱𝗮𝗱𝗼𝘀 𝗲 𝗮 𝗘𝗰𝗼𝗻𝗼𝗺í𝗮 𝗦𝗼𝗰𝗶𝗮𝗹. 𝗘𝘀𝘁𝘂𝗱𝗼 𝗱𝗶𝗮𝗴𝗻𝗼́𝘀𝘁𝗶𝗰𝗼 𝘀𝗼𝗯𝗿𝗲 𝗖𝗮𝘀𝗮𝘀 𝗻𝗶ñ𝗼, 𝗖𝗮𝘀𝗮𝘀 𝗱𝗼 𝗺𝗮𝗶𝗼𝗿 𝗲 𝘃𝗶𝘃𝗲𝗻𝗱𝗮𝘀 𝗰𝗼𝗹𝗮𝗯𝗼𝗿𝗮𝘁𝗶𝘃𝗮𝘀 𝘀𝗲́𝗻𝗶𝗼𝗿.⁣
⁣
Estudo realizado xunto a Espazocoop Unión de Cooperativas Galegas e cofinanciado no marco da Rede Eusumo - Economía Social de Galicia e do 𝗣𝗿𝗼𝗴𝗿𝗮𝗺𝗮 𝗜𝗻𝘁𝗲𝗿𝗿𝗲𝗴 𝗘𝗦-𝗙𝗮𝗰𝘁𝗼𝗿𝘆.

𝗤𝘂𝗲 𝗽𝗼𝗱𝗲 𝗮𝗰𝗵𝗲𝗴𝗮𝗿 𝘂𝗻 𝗰𝗶𝗻𝗲𝗳𝗼́𝗿𝘂𝗺 𝗺𝗮́𝗶𝘀 𝗮𝗹𝗮́ 𝗱𝗮 𝗽𝗿𝗼𝘅𝗲𝗰𝗰𝗶𝗼́𝗻 𝗱𝘂𝗻𝗵𝗮 𝗽𝗲𝗹𝗶́𝗰𝘂𝗹𝗮?No ciclo 𝗛𝗶𝘀𝘁𝗼𝗿𝗶𝗮𝘀 𝗱𝗲 𝗱𝗶𝘃𝗲𝗿𝘀𝗶𝗱𝗮𝗱𝗲, desenvolvido...
06/08/2026

𝗤𝘂𝗲 𝗽𝗼𝗱𝗲 𝗮𝗰𝗵𝗲𝗴𝗮𝗿 𝘂𝗻 𝗰𝗶𝗻𝗲𝗳𝗼́𝗿𝘂𝗺 𝗺𝗮́𝗶𝘀 𝗮𝗹𝗮́ 𝗱𝗮 𝗽𝗿𝗼𝘅𝗲𝗰𝗰𝗶𝗼́𝗻 𝗱𝘂𝗻𝗵𝗮 𝗽𝗲𝗹𝗶́𝗰𝘂𝗹𝗮?

No ciclo 𝗛𝗶𝘀𝘁𝗼𝗿𝗶𝗮𝘀 𝗱𝗲 𝗱𝗶𝘃𝗲𝗿𝘀𝗶𝗱𝗮𝗱𝗲, desenvolvido no Concello de Burela, utilizamos o cine para 𝗰𝗿𝗲𝗮𝗿 𝘂𝗻 𝗲𝘀𝗽𝗮𝘇𝗼 𝗰𝗼𝗺𝗽𝗮𝗿𝘁𝗶𝗱𝗼 𝗱𝗲 𝗰𝘂𝗹𝘁𝘂𝗿𝗮, 𝗱𝗶𝗮́𝗹𝗼𝗴𝗼 𝗲 𝗿𝗲𝗳𝗹𝗲𝘅𝗶𝗼́𝗻 𝗰𝗿𝗶́𝘁𝗶𝗰𝗮.

As películas serviron como punto de partida para falar de temas presentes na sociedade, como as 𝒎𝒊𝒈𝒓𝒂𝒄𝒊𝒐́𝒏𝒔, 𝒐 𝒓𝒂𝒄𝒊𝒔𝒎𝒐, 𝒂𝒔 𝒅𝒆𝒔𝒊𝒈𝒖𝒂𝒍𝒅𝒂𝒅𝒆𝒔, 𝒐 𝒙𝒆́𝒏𝒆𝒓𝒐, 𝒐 𝒊𝒅𝒂𝒅𝒊𝒔𝒎𝒐, 𝒂𝒔 𝒓𝒆𝒍𝒂𝒄𝒊𝒐́𝒏𝒔 𝒇𝒂𝒎𝒊𝒍𝒊𝒂𝒓𝒆𝒔 𝒆 𝒍𝒂𝒃𝒐𝒓𝒂𝒊𝒔, 𝒂 𝒊𝒅𝒆𝒏𝒕𝒊𝒅𝒂𝒅𝒆 𝒐𝒖 𝒐 𝒔𝒆𝒏𝒕𝒊𝒎𝒆𝒏𝒕𝒐 𝒅𝒆 𝒑𝒆𝒓𝒕𝒆𝒏𝒛𝒂.

Nun contexto no que as migracións aparecen moitas veces asociadas a cifras, fronteiras e crises, o cine permítenos achegarnos a elas desde outro lugar: as historias e experiencias das propias persoas, os seus vínculos, as súas dificultades, as súas expectativas e a súa vida cotiá.

A través do cinefórum buscamos:

→ Facilitar o acceso ao cine e crear un espazo de encontro arredor da cultura.

→ Abordar temas sociais e reflexionar sobre como están presentes na nosa vida cotiá.

→ Relacionar o que acontece na pantalla coa realidade que nos rodea.

→ Compartir experiencias, interpretacións e puntos de vista a través do diálogo.

→ Favorecer unha mirada crítica e cuestionar prexuízos e ideas que ás veces damos por feitas.

Deste xeito, o cine deixa de ser só unha forma de lecer e convértese nunha 𝗳𝗲𝗿𝗿𝗮𝗺𝗲𝗻𝘁𝗮 𝘀𝗼𝗰𝗶𝗮𝗹 para coñecer outras experiencias, cuestionar ideas e mirar a realidade con máis matices.

Porque a cultura tamén crea espazos para escoitarnos, conversar e comprender mellor a realidade que compartimos.

Fai unhas semanas asistimos ao Encontro de 𝘉𝘰𝘢𝘴 𝘐𝘯𝘪𝘤𝘪𝘢𝘵𝘪𝘷𝘢𝘴 𝘊𝘶𝘭𝘵𝘶𝘳𝘢𝘪𝘴, celebrado no Pazo Museo de Tor no marco do proxec...
30/07/2026

Fai unhas semanas asistimos ao Encontro de 𝘉𝘰𝘢𝘴 𝘐𝘯𝘪𝘤𝘪𝘢𝘵𝘪𝘷𝘢𝘴 𝘊𝘶𝘭𝘵𝘶𝘳𝘢𝘪𝘴, celebrado no Pazo Museo de Tor no marco do proxecto Escola, Cultura e Territorio, impulsado polo Consello Da Cultura Galega e polas áreas de Cultura das Deputacións de Lugo (Vicepresidencia. Deputación de Lugo) e da Coruña (Deputación da Coruña).

Ao longo da xornada, unha vintena de colectivos e profesionais compartiron experiencias arredor da memoria, o patrimonio, a participación cidadá, a sustentabilidade, a profesionalización e o relevo xeracional.

Unha idea atravesou boa parte das intervencións: 𝐚𝐬 𝐢𝐧𝐢𝐜𝐢𝐚𝐭𝐢𝐯𝐚𝐬 𝐜𝐨𝐧 𝐦𝐚𝐢𝐨𝐫 𝐜𝐚𝐩𝐚𝐜𝐢𝐝𝐚𝐝𝐞 𝐭𝐫𝐚𝐧𝐬𝐟𝐨𝐫𝐦𝐚𝐝𝐨𝐫𝐚 𝐬𝐨𝐧 𝐚𝐪𝐮𝐞𝐥𝐚𝐬 𝐪𝐮𝐞 𝐧𝐚𝐜𝐞𝐧 𝐝𝐨 𝐭𝐞𝐫𝐫𝐢𝐭𝐨𝐫𝐢𝐨 𝐞 𝐬𝐞 𝐜𝐨𝐧𝐬𝐭𝐫𝐮́𝐞𝐧 𝐜𝐨𝐚𝐬 𝐩𝐞𝐫𝐬𝐨𝐚𝐬 𝐪𝐮𝐞 𝐨 𝐡𝐚𝐛𝐢𝐭𝐚𝐧.

A cultura non é só programación. É tamén unha 𝐟𝐞𝐫𝐫𝐚𝐦𝐞𝐧𝐭𝐚 𝐩𝐚𝐫𝐚 𝐫𝐞𝐜𝐮𝐩𝐞𝐫𝐚𝐫 𝐦𝐞𝐦𝐨𝐫𝐢𝐚𝐬, 𝐟𝐨𝐫𝐭𝐚𝐥𝐞𝐜𝐞𝐫 𝐢𝐝𝐞𝐧𝐭𝐢𝐝𝐚𝐝𝐞𝐬 𝐜𝐨𝐥𝐞𝐜𝐭𝐢𝐯𝐚𝐬, 𝐜𝐫𝐞𝐚𝐫 𝐯𝐢́𝐧𝐜𝐮𝐥𝐨𝐬 𝐞 𝐟𝐚𝐜𝐞𝐫 𝐜𝐨𝐦𝐮𝐧𝐢𝐝𝐚𝐝𝐞.

Esta perspectiva resulta especialmente relevante en territorios que afrontan desafíos como o despoboamento, o envellecemento ou a perda de espazos de encontro. Nestes contextos, a cultura pode contribuír a activar a participación e reforzar o sentido de pertenza.

Dende 𝐀𝐭𝐨𝐮𝐩𝐚 compartimos esta maneira de entender a cultura. Por iso valoramos encontros coma este, que nos permiten escoitar outras experiencias, incorporar aprendizaxes e seguir desenvolvendo proxectos vinculados ás persoas e aos territorios.

𝐏𝐨𝐫𝐪𝐮𝐞 𝐮𝐧𝐡𝐚 𝐜𝐨𝐦𝐮𝐧𝐢𝐝𝐚𝐝𝐞 𝐬𝐨𝐬𝐭𝐢𝐛𝐥𝐞 𝐭𝐚𝐦𝐞́𝐧 𝐬𝐞 𝐜𝐨𝐧𝐬𝐭𝐫𝐮́𝐞 𝐜𝐫𝐞𝐚𝐧𝐝𝐨 𝐯𝐢́𝐧𝐜𝐮𝐥𝐨𝐬, 𝐚𝐛𝐫𝐢𝐧𝐝𝐨 𝐞𝐬𝐩𝐚𝐳𝐨𝐬 𝐝𝐞 𝐩𝐚𝐫𝐭𝐢𝐜𝐢𝐩𝐚𝐜𝐢𝐨́𝐧 𝐞 𝐟𝐚𝐜𝐞𝐧𝐝𝐨 𝐝𝐚 𝐜𝐮𝐥𝐭𝐮𝐫𝐚 𝐮𝐧𝐡𝐚 𝐩𝐫𝐚́𝐜𝐭𝐢𝐜𝐚 𝐜𝐨𝐦𝐩𝐚𝐫𝐭𝐢𝐝𝐚.

⁠

Tes entre 16 e 34 anos e vives no sur da provincia de Lugo? 𝗤𝘂𝗲𝗿𝗲𝗺𝗼𝘀 𝗲𝘀𝗰𝗼𝗶𝘁𝗮𝗿𝘁𝗲.Se vives en concellos como Sarria, Monfo...
14/07/2026

Tes entre 16 e 34 anos e vives no sur da provincia de Lugo? 𝗤𝘂𝗲𝗿𝗲𝗺𝗼𝘀 𝗲𝘀𝗰𝗼𝗶𝘁𝗮𝗿𝘁𝗲.

Se vives en concellos como Sarria, Monforte de Lemos, Chantada, Quiroga, Ribas de Sil ou noutros municipios da zona, a túa opinión pode axudarnos a coñecer mellor as necesidades, intereses e expectativas da mocidade do rural.

Esta enquisa forma parte do 𝗽𝗿𝗼𝘅𝗲𝗰𝘁𝗼 𝗡𝗼𝘃𝗮𝘀 𝗥𝘂𝗿𝗮𝗹𝗶𝗱𝗮𝗱𝗲𝘀, impulsado por Acción contra a Fame (Acción contra el Hambre España), e busca contribuír á creación de máis oportunidades de empregabilidade e autoemprego para a xente nova, axudando a construír un futuro con máis posibilidades no territorio.

⏱️ É anónima e levarache aproximadamente 15 minutos completala.

📲 🔗 Accede desde https://forms.office.com/e/1s7ZS3vEjH e participa!

A túa voz é fundamental para construír o rural do futuro 💚

07/07/2026

🌍 Que significa construír unha comunidade amigable no rural?

Hai unhas semanas participamos no III Congreso Mundial de Cidades e Comunidades Amigables coas Persoas Maiores, celebrado en Donostia-San Sebastián baixo o lema “Transforming Together! A Connected, Equitable and Sustainable Age-Friendly World for All Generations” organizado polo Imserso xunto co Goberno Vasco e a Deputación Foral de Guipuzkoa, e patrocinado pola Organización Mundial de la Salud (World Health Organization (WHO)).

Nun encontro que reuniu representantes de máis de 60 países, dende Atoupa presentamos o caso do Concello de Láncara como exemplo de diagnóstico de amigabilidade nun contexto rural galego.

Porque falar de comunidades amigables no rural implica afrontar retos moi específicos.

Non chega con eliminar barreiras arquitectónicas. Tamén é necesario preguntarse:

• Como se desprazan as persoas nun territorio disperso?
• Como acceder aos servizos cando o transporte é limitado?
• Como garantir que as persoas maiores sigan participando na vida da súa comunidade?

No diagnóstico realizado en Láncara apareceron desafíos como a mobilidade, a conectividade ou a dispoñibilidade de servizos de proximidade. Pero tamén algo que ás veces pasa desapercibido: a enorme fortaleza das redes veciñais, do pequeno comercio e do asociacionismo como espazos que sosteñen a vida comunitaria.

Construír comunidades amigables significa partir desa realidade para deseñar solucións coas persoas e para as persoas.

Participar neste congreso permitiunos compartir a experiencia desenvolvida en Galicia e, ao mesmo tempo, aprender doutras iniciativas internacionais que seguen demostrando que o envellecemento activo é un reto global, pero que as mellores respostas nacen sempre desde o territorio.

.

A semana pasada participamos no 𝗘𝗻𝗰𝗼𝗻𝘁𝗿𝗼 𝗠𝗲𝗱𝗿𝗮𝗻𝗱𝗼 𝗫𝘂𝗻𝘁𝗮𝘀 𝟮𝟬𝟮𝟲 , unha iniciativa que impulsa o liderado feminino na Econo...
26/06/2026

A semana pasada participamos no 𝗘𝗻𝗰𝗼𝗻𝘁𝗿𝗼 𝗠𝗲𝗱𝗿𝗮𝗻𝗱𝗼 𝗫𝘂𝗻𝘁𝗮𝘀 𝟮𝟬𝟮𝟲 , unha iniciativa que impulsa o liderado feminino na Economía Social galega a través da formación, o acompañamento e a creación de redes entre mulleres que emprenden, cooperan e transforman o territorio.

Dende 𝗔𝘁𝗼𝘂𝗽𝗮 tivemos a oportunidade de formar parte da mesa de experiencias, compartindo o noso percorrido como cooperativa xunto a outras entidades comprometidas cun modelo económico máis participativo, sostible e centrado nas persoas.

Máis alá do encontro, Medrando Xuntas parte dunha idea que compartimos plenamente: cando as mulleres fortalecen as súas capacidades, amplían as súas redes e participan nos espazos de decisión, fortalécese tamén a Economía Social e o desenvolvemento dos nosos territorios.

Porque o liderado non consiste unicamente en ocupar postos de responsabilidade. Tamén implica crear comunidade, compartir coñecemento, acompañar outros proxectos e abrir camiños para que máis mulleres poidan participar, decidir e transformar.

Queremos felicitar tamén ás iniciativas recoñecidas nos 𝗣𝗿𝗲𝗺𝗶𝗼𝘀 𝗠𝗲𝗱𝗿𝗮𝗻𝗱𝗼 𝗫𝘂𝗻𝘁𝗮𝘀 𝗜𝗺𝗽𝘂𝗹𝘀𝗮 𝟮𝟬𝟮𝟲, que poñen en valor proxectos con impacto social, innovadores e comprometidos coa sustentabilidade:

🏆 Currunchiños de conciliación (FAGAMOS Asociación de Familias Galegas Monomarentais) , polo seu compromiso cos coidados, a conciliación e a igualdade de oportunidades.

🏆 Elefantes Rosas, por desenvolver un modelo de acompañamento que sitúa o fogar e a comunidade como espazos de autonomía, aprendizaxe e inclusión.

🏆 Tecendo Redes (Fundacion Erguete-Integracion), por combinar economía circular, inclusión sociolaboral e liderado feminino a través da recuperación de redes de pesca en desuso.

Parabéns ás entidades premiadas e grazas á organización por impulsar espazos que visibilizan o talento feminino, favorecen a intercooperación e contribúen a construír unha Economía Social máis forte, diversa e transformadora.

Dirección

Villalba
27800

Página web

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Atoupa Cooperativa publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con La Empresa

Enviar un mensaje a Atoupa Cooperativa:

Compartir