STEG - Sindicato de Traballadoras e Traballadores do Ensino de Galiza

Cómo llegar Página web Contactar con la empresa

STEG - Sindicato de Traballadoras e Traballadores do Ensino de Galiza As Asembleas son a canle fundamental para practicar un sindicalismo vivo e alonxado de calquera burocratización. A ALTERNATIVA AUTÓNOMA E ASEMBLEARIA.

ASEMBLEARIO

Un sindicato que articule toda a súa acción sindical en torno ás Asembleas, un instrumento a través do que reforzamos a unidade dos traballadores e traballadoras do ensino, debatendo os temas, tomando decisións e controlando a representatividade directamente. GALEGO E CONFEDERADO

Uun sindicato que partindo da realidade galega, traballando en Galicia, reclamando que as competencias educativas sexan realmente plenas, estea ó mesmo tempo integrado confederalmente para así poder facer frente ao reto dos grandes temas de política educativa. PLURAL E PROGRESISTA

Un sindicato que non renuncia a aglutinar a todas as traballadoras e traballadores do ensino. Defensores do modelo de Escola Pública, o que implica esixir aos gobernos que avancen na loita contra as desigualdades a favor das clases oprimidas. NON SEXISTA

Un sindicato que potenciará todas as accións que conduzan á abolición do sexismo no ensino e na sociedade. AUTÓNOMO

Un sindicato que non esté subordinado á Administración, nin manteña ningún tipo de dependencia de partidos políticos nin de grupos de presión, porque unicamente dende esta autonomía podemos desenvolver dun xeito independente a nosa actividade sindical. REVINDICATIVO

Un sindicato que defende as reivindicación das traballadoras e traballadores do ensino. A mellora das súas condicións de traballo considerando a importante función social do Sistema Educativo. SOCIOPOLÍTICO E DE CLASE

Un sindicato formado por traballadoras e traballadores do ensino, docentes e non docentes que son e se senten parte da clase traballadora. No que as súas reivindicación non queden nunha simple defensa gremial da profesión, belixerante con todo tipo de explotación, co sexismo, e que traballe activamente pola conservación do medio ambiente e pola paz. Que procura unha transformación fonda do actual sistema educativo cara á Escola Pública no marco dun ensino non xerarquizado. UNITARIO

Un sindicato que aspira a configurar unha alternativa unitaria no Ensino dende bases democráticas e pluralistas, e que promove a unidade de acción con outros Sindicatos e Organización progresistas.

17/10/2026

Nesta mañá estamos a presentar o CALENDARIO DE MULLERES do STEG en Ourense.

Se estás a preparar as OPOS DE SECUNDARIA ou BAC e queres un curso para axudarche coa programación, o STEG preséntache e...
07/10/2026

Se estás a preparar as OPOS DE SECUNDARIA ou BAC e queres un curso para axudarche coa programación, o STEG preséntache esta formación ON LINE impartida por ALBERTO FORTES.
Para máis info e inscrición:

Desde o STEG poñemos en marcha o curso «Programación de FP para as oposicións», unha formación especialmente dirixida ao profesorado de Formación Profesional que estea a preparar os procesos selectivos.

02/10/2026

Por unha vivenda digna para todas e todos.

Se estás a preparar as OPOS DE SECUNDARIA e queres saber como preparar a programación, non te perdas o WEBINAR DE BALDE ...
01/10/2026

Se estás a preparar as OPOS DE SECUNDARIA e queres saber como preparar a programación, non te perdas o WEBINAR DE BALDE ofertado polo STEG a todo o profesorado e impartido por ALBERTO FORTES o próximo MARTES ás 20:00.
Para facer a túa inscrición:

Se estás a preparar as OPOS DE SECUNDARIA e queres saber como preparar a programación, non te perdas o WEBINAR DE BALDE aberto a todo o profesorado impartido por ALBERTO FORTES o próximo MARTES áS 20H00.

Ampliamos o prazo do curso de “PROGRAMACIÓN DE FP PARA OS OPOSICIÓNS” ata o 1 de outubro. 12 prazas limitadas por orde d...
25/09/2026

Ampliamos o prazo do curso de “PROGRAMACIÓN DE FP PARA OS OPOSICIÓNS” ata o 1 de outubro. 12 prazas limitadas por orde de inscrición, reserva a túa!

Desde o STEG poñemos en marcha o curso «Programación de FP para as oposicións», unha formación especialmente dirixida ao profesorado de Formación Profesional que estea a preparar os procesos selectivos.

STEG OPINA: Un acordo moi lonxe das necesidades da lingua.
25/09/2026

STEG OPINA: Un acordo moi lonxe das necesidades da lingua.

Desde o STEG, un sindicato que leva o G nas súas siglas, igual que os partidos asinantes deste acordo de normalización, que o único que pretende é seguir impedindo a recuperación de horas de docencia na nosa lingua, sentímonos interpeladas por ese G a amosar publicamente a nosa oposición fron...

Grazas a unha gran equipa directiva, un claustro exemplar, ANPAS, As Asambleas e a parte que nos toca. Está claro que un...
28/07/2026

Grazas a unha gran equipa directiva, un claustro exemplar, ANPAS, As Asambleas e a parte que nos toca. Está claro que unidas conseguimos avanzar.

📚✅ La Xunta asigna un nuevo profesor y un orientador al Instituto Alexandre Bóveda de Vigo para atender al alumnado del próximo curso

➕ Más info, en comentarios

Loitando polo IES Alexandre Bóveda de Vigo.
23/07/2026

Loitando polo IES Alexandre Bóveda de Vigo.

La consellería solo autoriza uno de los tres profesores solicitados y niega la segunda plaza de Orientación, lo que obliga al centro a eliminar una de las cinco líneas de 3º de la ESO

STEG apoia as Ensinanzas Artísticas. Non aos recortes no CMUS Superior de Música de Vigo.
14/07/2026

STEG apoia as Ensinanzas Artísticas. Non aos recortes no CMUS Superior de Música de Vigo.

Dirección

Rúa Basquiños 52
Santiago De Compostela
15704

Página web

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando STEG - Sindicato de Traballadoras e Traballadores do Ensino de Galiza publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con La Empresa

Enviar un mensaje a STEG - Sindicato de Traballadoras e Traballadores do Ensino de Galiza:

Atajos

Compartir

Ferreterías cercanos